Home A Coruña O Ágora acolle ata o venres a mostra didáctica ‘Converxencias, arte e...

O Ágora acolle ata o venres a mostra didáctica ‘Converxencias, arte e ciencia: Escher’

- Anuncio -

O concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, anima á cidadanía a asistir e comprobar a obra de Maurits Cornelis Escher, un dos artistas contemporáneos máis recoñecidos pola comunidade científica

O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, visitou esta mañá no Centro Sociocultural Ágora a apertura da mostra ‘Converxencias, arte e ciencia: Escher’, que organiza o Concello xunto coa Institución Galega de Ciencia (Igaciencia). O edil puido compartir o comezo das actividades didácticas co alumnado do IES de Meaño pontevedrés e do IES Rafael Dieste da Coruña. “Desde o Goberno de Inés Rey levamos varios anos colaborando nesta mostra, pois entendemos que as novas xeracións deben adquirir interese pola ciencia e a súa importancia para a sociedade e o planeta”, indicou o concelleiro.

Esta mostra enmárcase dentro do proxecto que vén desenvolvendo Igaciencia de actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, especialmente para mostrar as sinerxias e vínculos entre a arte e a ciencia. Ademais de ser unha exposición gratuíta e de acceso libre para a cidadanía, esta iniciativa conta con actividades didácticas para centros educativos, que van dirixidas ao alumnado de ESO, Bacharelato e FP, tanto da Coruña como do resto de Galicia.

A mostra estará dispoñible hasta este venres, 31 de xaneiro, en horario de 15.00 a 21.00 horas para o público xeral. Durante as mañás desenvolveranse as visitas educativas. Trátase dun exposición interactiva que permite unha aproximación lúdica aos fenómenos científicos coa finalidade de enganchar á xente nova ao gusto pola ciencia.

O núcleo central é a obra de Maurits Cornelis Escher (1898-1972), especialmente a realizada a partir de 1937. Escher é un dos artistas contemporáneos máis recoñecido e encomiado pola comunidade científica internacional, que considera a súa obra como un símbolo da relación entre a arte e a ciencia. Unha icona universal apaixonada polocoñecemento que utilizou as matemáticas, a astronomía, a óptica, a cristalografía e a xeometría nas súas creacións artísticas.

Relacionadas

O BNG critica que a Xunta devolva 22M€ de fondos da UE cos que...

0
Ariadna Fernández acusa o PP de preferir que Europa lles dea cartos para pagar as prazas nas privadas no canto de aumentar a rede...

O 4 de febreiro dará comezo a III Liga de Pádel de Carral

0
En total disputaranse máis de 80 partidos entre febreiro e xuño de 2025.O obxectivo do torneo é fomentar a práctica lúdico-deportiva de toda a...

Belén do Campo supervisa a zona na que se van a executará nas novas sendas...

0
A delegada da Xunta informou que a previsión é aprobar o proxecto a mediados deste ano para posteriormente licitar a obra Estes itinerarios, que se...

Fene avanza na creación dun espazo museístico na Escola Unitaria de Sillobre

0
O proxecto busca preservar a memoria e o patrimonio cultural da parroquia e da contorna rural fenesa A iniciativa, impulsada por Ferrolterra Antiga e a...

O Concello de Ribeira reforza as axudas ás ANPAs e incorpora unha nova liña...

0
O Concello de Ribeira publicou as subvencións destinadas ás Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (ANPAs). Como principal novidade, este ano increméntase a...

Poda de kiwis e de árbores froiteiras, enxertos e construción de trampas para a...

0
 O ciclo de obradoiros conforma a Campaña de Sensibilización Ambiental do municipio neste 2025  As inscricións poden concretarse a través do mail correo@concellodepaderne.com...

Publicacións Relacionadas