Home A Coruña O Ágora acolle desde mañá o Laboratorio Bibliotecario ‘Pensar as comitecas’

O Ágora acolle desde mañá o Laboratorio Bibliotecario ‘Pensar as comitecas’

- Anuncio -

O Ministerio de Cultura elixe A Coruña para desenvolver este evento en colaboración coa Rede de Bibliotecas Municipais polo seu labor a prol do cómic

O Concello da Coruña e a súa Rede Municipal de Bibliotecas acollerán os días 6, 7 e 8 de novembro o Laboratorio Bibliotecario (LABBBs) ‘Pensar as comitecas: proxectos para a súa creación e desenvolvemento’. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Dirección General del Libro, del Cómic y de la Lectura a través da Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura. Esta edición, que contará na apertura coa presenza do concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, celébrase na cidade grazas ao traballo das bibliotecas municipais a favor do cómic.
“Desde o Goberno de Inés Rey estamos moi orgullosos de poder celebrar este evento de innovación de carácter nacional, unha mostra máis do bo estado de saúde das nosas bibliotecas, referentes no país, e do gran traballo que fan os profesionais e as profesionais que traballan nelas”, sinalou Castro. As xornadas, de carácter profesional, reunirán a 60 persoas de diferentes lugares de España relacionadas co cómic ou con interese pola temática. Durante os tres días levaranse a cabo talleres no Centro Sociocultural Ágora de 9.00 a 18.00 horas o mércores e xoves e de 9.00 a 17.00 horas o venres.

As persoas participantes traballarán sobre seis proxectos diferentes, un deles presentado pola Rede Municipal de Bibliotecas e o director de Viñetas desde o Atlántico, Manel Cráneo, titulado ‘Alianza estratéxica para un ecosistema do cómic’. O resto de temáticas serán: ‘Fanzinotecas e creación de fanzines’, ‘Comicteca universitaria’, ‘Artefacto (PAF!)’, ‘Lendo cómics nos IES’ e ‘Os tebeos dos avós’. Durante as dúas primeiras xornadas as persoas participantes desenvolverán un prototipo sobre cada tema, que terán que expoñer o venres ante o resto de compañeiros e compañeiras. Ademais, o Concello organiza actividades complementarias como unha visita ao Monte de San Pedro (xoves 7 ás 18.00 horas).
O obxectivo destes encontros anuais organizados polo Ministerio de Cultura é reforzar a idea das bibliotecas como un punto de encontro da cidadanía para o desenvolvemento de proxectos en común e, en concreto, poñer este ano o foco no potencial que teñen as bibliotecas para ser axentes activos no sector do cómic. “Desde o Concello buscamos dar a coñecer a todas as persoas que participen o traballo que se leva a cabo nas nosas bibliotecas e no sector do cómic en particular”, sinalou Gonzalo Castro.

Toda a información sobre as xornadas, así como os distintos talleres e os seus resultados, poderá consultarse en https://labsbibliotecarios.es

Relacionadas

Xabier Lama López gaña o premio dos XXXII Xogos Florais de María Pita

0
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, foi o encargado de entregarlle o seu segundo galardón ao xornalista O xornalista Xabier Lama López proclamouse...

Cineuropa 38, olladas á liberdade dende a pantalla de cinema

0
Do 7 ao 24 de novembro, Cineuropa programa máis de 130 filmes alén de concertos, debates, encontros con cineastas e actividades formativas nunha edición...

Inés Rey lembra o legado do coruñés Miguel López, ‘El Hematocrítico’, “que achegaba sentido,...

0
A alcaldesa presentou hoxe a mostra ‘Hematocrítico Ilustrado’, que lle rende homenaxe ao mestre e divulgador herculino, falecido hai case un ano e coñecido...

A Coruña consolídase como motor do audiovisual en Galicia coa segunda edición do FIGA

0
O Foro da Industria Galega do Audiovisual terá lugar entre os días 7 e 9 de novembro na Cidade das TIC baixo o lema...

O concello, presente nun programa europeo sobre a promoción do turismo sustentable

0
A Laracha está representada nas figuras do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira Rocío López. O alcalde, José Manuel López Varela, e a...

A Xunta de Goberno Local aproba a licenza para as obras de rehabilitación do...

0
O goberno local tamén deu o visto bo a catro permisos para outros tantos proxectos empresariaisA Xunta de Goberno Local vén de aprobar a...

Publicacións Relacionadas