Home A Coruña O albergue de Neda bate no 2024 o seu propio récord de...

O albergue de Neda bate no 2024 o seu propio récord de peregrinos hospedados

- Anuncio -

Por segundo ano consecutivo, o albergue de peregrinos de Neda supera a barreira dos 3.000 hóspedes. A suba experimentada polo Camiño Inglés ao longo do 2024 plasmouse nos datos de ocupación da infraestrutura turística, integrada na rede pública e xestionada polo Concello, que marcou un novo récord absoluto de peregrinos aloxados, superando os 3.800.
Ao teor das estatísticas ofrecidas pola Oficina do Peregrino, a ruta de peregrinación que parte do peirao de Curuxeiras e discorre por ata seis municipios de Ferrolterra, entre eles Neda, e do Eume alcanzou no 2024 rexistros históricos. Un total de 28.058 persoas – case 4.000 más que no ano anterior- completaron durante os últimos dos meses este itinerario Xacobeo, consolidado xa como cuarta opción dos romeiros que van a Santiago.
Nesta liña, aumentaron os peregrinos que pasaron por Neda. Así, aos 26.780 que saíron da cidade naval (un 16 % máis que no ano anterior), cómpre engadir os 259 que decidiron iniciar a ruta na nosa vila. E en paralelo, se disparou a cifra dos que decidiron facer noite no albergue nedense.
E así, se no 2023 foron 3.303, o que supuxo un incremento do 14% con respecto ao exercicio precedente, no ano que vimos de pechar contabilizáronse nada menos que 3.842, unha suba do 16%, paralela á experimentada polo propio Camiño Inglés. Como é habitual, os meses de maior ocupación foros os do verán, con xullo á cabeza. Os peregrinos estranxeiros representan xa o 48,6 %, destacando os italianos, portugueses e alemáns.
O albergue abre todos os días do ano, completándose as 26 prazas dispoñibles (24 en liteira e 2 camas para persoas con mobilidade reducida) por orde de chegada. Cómpre rexistrarse chamando ao 659684435.
O Camiño Inglés tense convertido nun dos piares da oferta turística de Neda. E así, co obxectivo de mellorar a experiencia do peregrinos, o Concello optaba por situar a caseta de información turística ao pé do albergue. Ademais, da man de Turismo de Galicia, a administración local procedía á restauración dos pavimento das rúas centrais do casco histórico polas que discorre o itinerario de peregrinación.

Relacionadas

Figuras como Shostakóvich e Chaikovsky, protagonistas do primeiro concerto da Banda Municipal neste ano...

0
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, convidou a cidadanía a asistir á actuación, que será de acceso libre ata completar a capacidade...

O Concello aproba a nova ordenanza dos centros municipais de empresas, que dará máis...

0
Este xoves, o pleno deulle luz verde á aprobación inicial ao texto da nova ordenanza, coa que se lles incrementa o número de anos...

Miño acollerá o 13 de xaneiro unha nova sesión de ‘A Administración preto de...

0
• Será ás 11 horas no auditorio do Centro Social da Rúa. • Os asistentes poderán obter o certificado dixital ou a Cl@ve no momento,...

Neda estenderá a colocación de anclaxes para suxeitar e protexer os seus colectores de...

0
O Concello de Neda ten previsto instalar suxeita contedores de residuos en novos puntos do municipio. Busca deste xeito impedir que os colectores acaben...

Canzobre releva ao (seu) mestre, Manuel Carballeira, na galería do Concello de San Sadurniño

0
O venres será o último día en que poderemos visitar as dúas exposicións artísticas que ilustraron o Nadal de San Sadurniño. No recibidor Casa...

O partido do Breogán – Leyma Coruña do domingo non se poderá emitir no...

0
O Concello, en coordinación co club, ofreceu de xeito gratuíto as instalacións para que a afición puidera ver o encontro, mais flinalmente o partido...

Publicacións Relacionadas