HomeA CoruñaO alcalde acompañou aos participantes no Programa de Intercambio Xuvenil na visita...

O alcalde acompañou aos participantes no Programa de Intercambio Xuvenil na visita ao Parlamento de Galicia

- Anuncio -spot_img

A expedición está formada por mozos procedentes de Venecia e de Xeorxia e é a segunda parte da iniciativa na que participaron mozos laracheses no verán.

O Concello da Laracha continúa apostando polo desenvolvemento de programas de mobilidade xuvenil que abren á mocidade novas oportunidades para aprender, compartir experiencias e fortalecer os valores comúns da Unión Europea.
Nestes días estase levando a cabo a segunda fase do intercambio a través do que mozos laracheses estiveron no pasado verán en Venecia e Xeorxia. Agora visitan Galicia alumnos de Il Polo Tecnico Profesionale de Venezia “Vendramin Corner” e do Centro de Lengua y Cultura Española “Abanico” de Tiflis.

Hoxe, acompañados polo alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e da concelleira Rocío López, visitaron o Parlamento de Galicia cun percorrido guiado polas diferentes estancias. Ademais, un deputado do grupo popular recibiunos no Hemiciclo e explicoulles o funcionamento da Cámara autonómica e o papel das institucións galegas.

A programación continuará nos vindeiros días. O xoves está prevista a recepción oficial da expedición no Concello da Laracha, incluíndo unha visita á vila de Caión.

Neste programa, que está liderado polo Concello da Laracha, tamén participan os municipios de Rois e de Tordoia.

Publicacións Relacionadas