O alcalde de Brión, Pablo Lago, entregou esta mañá os premios do tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal, un certame destinado á poboación escolar dos centros de ensino do municipio que este ano chegou á súa edición número 35. Un acto que tivo lugar nas instalacións do CEIP de Pedrouzos e no que os nenos e nenas premiados recibiron un diploma acreditativo, así como vales de 30, 25 e 20 euros intercambiables por libros, xogos ou material escolar.
Lago Sanmartín agradeceu a colaboración do profesorado do CEIP de Pedrouzos, da escola infantil municipal e das unitarias de Sabaxáns e dos Ánxeles. Despois dunha nada doada selección, o xurado deu a coñecer o seu veredicto e escolleu as que considera mellores postais deste ano:
CEIP DE PEDROUZOS
INFANTIL
1º Premio: Rodrigo García Blanco (5º)
2º Brais Barreiro García (6º)
3º Marco Carreño Vidal (4º)
1º CICLO DE PRIMARIA
1º Premio: Carme Mosquera Nieto (2ºC)
2º Premio: Daniela Lago Expósito (1ºA)
3º Premio: Hugo Riveiro Duarte (1ºB)
2º CICLO DE PRIMARIA
1º Premio: Antón Gómez Bouzas (3ºB)
2º Premio: Carla García Paz (3ºB)
3º Premio: Mía Mouriño Rodríguez (3ºA)
3º CICLO DE PRIMARIA
1º Premio: Genoveva Cerviño Fernández (6ºA)
2º Premio: Carla García Salgado (6ºD)
3º Premio: Iria Castro López (5º)
EEI SABAXÁNS
1º Premio: Carlota Mouriño Rodríguez
2º Premio: David Pérez Castro
3º Premio: Edu Souto
EEI OS ÁNXELES
1º Premio: Bruno Seage Picallo
2º Premio: Erea García Casal
3º Premio: Maia Bóveda González



