É a primeira vez que Rafael Louzán acode ás instalacións unha vez acabadas as obras
O alcalde do Concello de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, recibiu esta mañá ao presidente da Federación Galega de Fútbol no recentemente renovado campo de Gallamonde. Trátase da primeira vez que Rafael Louzán acode a estas instalacións unha vez terminadas as obras. Recibíronlle, á súa vez, a concelleira de Servizos Sociais, Yolanda Belo, e varios membros da directiva do A.D. Miño. A actuación, que comezou o pasado mes de maio e que foi financiada pola Deputación provincial da Coruña, permitiu sustituír o céspede antigo por outro de herba artificial de última xeración. Con esta actuación dáse ao fin carpetazo a un proceso que estivo moito tempo parado, pero que se canalizou e acelerado nos últimos meses coa colaboración do ente provincial. “Aínda que non podemos realizar afirmacións categóricas debido ao contexto sanitario, se que temos moitas esperanzas en que se poida comezar a utilizar no próximo mes de febreiro”, anunciou o alcalde, quen quixo agradecer a Rafael Louzán, presidente da Federación Galega de Fútbol “que nos visitara hoxe para coñecer estas modernas instalacións”.