Home A Coruña O alcalde visita o avance das obras da cuberta das piscinas do...

O alcalde visita o avance das obras da cuberta das piscinas do complexo de Fontes do Sar

- Anuncio -

O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou na mañá deste venres as obras da cuberta telescópica das piscinas do complexo de Fontes do Sar. Fíxoo acompañado da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, a xerente do Consorcio, Belén Hernández, a arquitecta responsable do proxecto, Idoia Camariuaga, e a xefa técnica do Consorcio, Lourdes Pérez.

Na visita, o alcalde puido comprobar in situ o avance das obras nas que xa están instalados os pórticos da estrutura de aluminio da nova cuberta, ademais do baño turco e a sauna que xa están en construción.

Xosé A. Sánchez Bugallo destacou os traballos previos. “Estamos ante unha obra que é moi complexa porque é unha zona na que é moi difícil atopar sustentación, como xa pasou no Multiusos”. Indicou tamén que esa complexidade “require un esforzo grande porque a estrutura pesa moito máis ca o globo anterior. Pero ten a vantaxe de que é unha estrutura máis versátil, máis bonita e máis funcional”.

Pola súa parte, a arquitecta Idoia Camariuaga, falou das oportunidades que dará esta nova obra. “A cuberta vai ter seis motores e permitirá ter en verán a cuberta completamente aberta ou pechada, incluso se hai cambios de temperatura permite pechar ou abrir a cuberta, total ou parcialmente de forma moi sinxela”. Ademais fixo fincapé na eficiencia enerxética desta nova obra.

A previsión é que o centro deportivo e de lecer poida entrar en funcionamento a finais da primavera de cara á temporada de verán.

A nova cuberta

Esta intervención, realizada polo Consorcio de Santiago nas instalacións propiedade da institución interadministrativa, está sendo executada por Prace, Servicios y Obras S.A. por un importe de 884.621,79€ máis IVE.

O proxecto, asinado polo arquitecto Jorge Barata, realiza unha intervención a partir dunha estrutura de aluminio, dividida en doce módulos, e una cuberta de policarbonato especial para evitar condensacións. A fachada será acristalada ata os 2,20 metros de altura, e a cuberta terá unhas dimensións de 61,80 por 24 metros, sobre unha superficie de 1.446 metros cadrados.

Esta cuberta telescópica permitirá que, desde o momento de posta en marcha, a apertura ou peche da estrutura poderá realizarse de maneira motorizada e inmediata, mentres que o globo do que se dispoñía ata agora obrigaba a pechar as instalacións unha semana para a súa instalación.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas