Home A Coruña O alumnado de atención sociosanitaria do obradoiro de emprego Reinicia VII comeza...

O alumnado de atención sociosanitaria do obradoiro de emprego Reinicia VII comeza as súas prácticas laborais

- Anuncio -

As dez persoas que participan no curso de certificación da profesionalidade “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións sociais” iniciaron hoxe mesmo as súas estadías prácticas nos centros de día de Ares, Caranza e Esteiro, dependentes do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Durante os próximos catro meses terán a oportunidade de ver como é o traballo diario e, ao mesmo tempo, aplicar os coñecementos adquiridos na formación impartida dentro do obradoiro de emprego Reinicia VII, compartido polos concellos de Ares, Cabanas, Fene, Mugardos e Neda. No marco deste programa intermunicipal de mellora das competencias e da empregabilidade tamén están facendo prácticas desde marzo as persoas inscritas na acción sobre traballos de carpintaría e moble.

O alumnado-traballador de atención sociosanitaria comezou a súa formación a finais de decembro para participar nun programa lectivo de contido teórico e práctico que se desenvolveu durante os últimos catro meses. Hoxe comezan outros catro meses de aprendizaxe, pero xa compartindo día a día con profesionais dos centros de día de Ares, Ferrol-Caranza e Ferrol-Esteiro, onde completarán 578 horas prácticas colaborando na atención ás persoas usuarias.

Unha vez superada esta última fase, as alumnas e alumnos obterán o certificado de profesionalidade que acreditará os seus coñecementos, requisito mínimo para poder incorporarse a servizos asistenciais privados ou para concorrer a postos ou listas de contratación en Servizos de Axuda no Fogar e centros de titulariedade pública.

Ademais, as competencias adquiridas tamén abren a porta a iniciativas de autoemprego nun dos ámbitos con maiores oportunidades laborais, especialmente nunha comarca coma a nosa caracterizada polo progresivo envellecemento da poboación.

En marcha tamén as prácticas de carpintaría e moble
Por outra parte, o alumnado da especialidade de “Traballos de Carpintaría e Moble” do Reinicia VII xa leva facendo prácticas desde o pasado mes de mazo. Son dez persoas que nestes momentos están ocupadas en varios proxectos dos que se beneficiarán as catro administracións promotoras -Ares, Cabanas, Fene, Mugardos e Neda-, como son a fabricación de novas fiestras para o mosteiro aresán de Santa Catalina, varias reparacións no paseo marítimo de Neda ou o deseño, cortado e montaxe de novo mobiliario para as oficinas municipais de Fene e Mugardos.

O Reinicia VII ofertou 20 prazas -10 en cada acción formativa- dirixidas a persoas maiores de 18 anos en situación de desemprego. O programa de inserción laboral conta cunha achega económica de 354.446 euros -7.500 para incentivos á contratación- procedente da Consellaría de Economía, Emprego e Industria e do Ministerio de Traballo e Economía Social, a través do Servizo Público de Emprego Estatal.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas