Home A Coruña O alumnado de cociña do obradoiro Fórum Dual colabora con APEM con...

O alumnado de cociña do obradoiro Fórum Dual colabora con APEM con dous menús semanais para cinco usuarios/as

- Anuncio -

Ademais das degustacións que ven realizando dende marzo no mercado municipal, o alumnado de cociña do obradoiro de emprego Fórum Dual empezou esta semana a súa formación práctica noutro ámbito de actuación de carácter social. Deste xeito, coa colaboración da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM), os alumnos e alumnas encargaranse da elaboración de dous menús semanais (luns e mércores) para cinco usuarios e usuarias da entidade que non teñen acceso a outro tipo de servizos (Xantar na Casa, etc).

O menú de hoxe incluíu ensalada mixta, fritura de pescada e torrija, pero o obxectivo é ofrecer cada día pratos diferentes, adaptados ás necesidades de cada persoa usuaria. Nestes cinco casos, ao non existir ningún tipo de intolerancias, o abano de posibilidades será moi amplo. Os menús da semana que vén, de feito, incluirán croquetas de bacallau, polo asado con patacas e leite frito, o luns, e xudías con chourizo, calamares con patacas e bolos de vento con crema, o mércores.

A semana que vén o alumnado de cociña tamén volverá á praza de abastos, coincidindo co mercado do xoves, para seguir amosando as numerosísimas posibilidades gastronómicas que ofrecen os produtos que proximidade que se venden nos postos do mercado.

A formación en alternancia é un apartado clave dentro do proxecto do obradoiro dual de emprego que organiza a Concellaría de Innovación, Formación e Emprego e financia a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Un total de 20 persoas iniciaron a súa formación o pasado mes de outubro, 10 na especialidade de cociña e outras 10 na de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas