Home A Coruña O alumnado de último curso do Grao en Turismo da Universidade da...

O alumnado de último curso do Grao en Turismo da Universidade da Coruña visita a Costa da Morte para coñecer os recursos do destino e a súa xestión

- Anuncio -

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) apoiou á UDC na coordinación da visita

O grupo coñeceu o traballo en prol do desenvolvemento turístico dos concellos de Cabana , Carballo, Coristanco, Malpica e Zas

No segundo cuadrimestre visitarán a zona sur do xeodestino

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), como ente de xestión do xeodestino, apoiou á Facultade de Turismo da Universidade da Coruña (UDC) nas xestións de coordinación para programar a visita técnica realizada hoxe á Costa da Morte por parte do alumnado do último curso do Grao en Turismo que se imparte na UDC. O percorrido foi parte práctica das materias de xestión pública e calidade turística, segundo os intereses expostos polo persoal docente da Facultade.

O grupo de alumnos e alumnas da Facultade de Turismo, trasladaron o seu interese en coñecer elementos patrimoniais do territorio, de acordo cos temarios impartidos nas aulas, con especial atención, segundo o seu docente, Carlos Rodríguez, “en coñecer a Catedral do Megalitismo, o Dolmen de Dombate; as Torres do Allo, coma exemplo do patrimonio civil; o traballo desenvolvido pola asociación de oleiros de Buño; e espazos de valor ambiental, coma o espazo natural de Razo e Baldaio e o Refuxio de Verdes”, co obxecto de “coñecer as fórmulas de aproveitamento turístico destes recursos culturais e naturais tan importantes para a zona”. Ademais, o alumnado tiña especial interese en coñecer “como se traballa desde a CMAT na implantación do Sistema de Calidade Turística en Destino (SICTED) e como traballa a calidade desde o concello de Carballo e o seu distintivo propio, e como, a través destes selos, se traballa na cooperación público privada e na competitividade nos territorios”.

As Torres do Allo, punto de partida

O presidente da CMAT e alcalde de Zas, recibiu e deu esta mañá a benvida ao grupo nas Torres do Allo. “Estas iniciativas permiten aos estudantes achegarse á realidade do sector da man dos profesionais, con experiencias que contribúen moi positivamente á súa formación na xestión de destinos”. A técnica de Turismo do Concello de Zas, Tania Carreira, faloulles in situ sobre a historia e xestión actual das Torres do Allo, o primeiro pazo galego da historia.

Recibiron tamén dúas charlas sobre a implantación de selos de calidade na Costa da Morte. A técnica de Turismo no Concello de Carballo, Maite Parga, explicou a súa experiencia co marchamo Carballo Compromiso Calidade e, pola súa banda, Catherine García, da Secretaría Técnica da CMAT, faloulles sobre o proceso de implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) da Costa da Morte.

Xa no Concello de Cabana de Bergantiños, foron recibidos no Dolmen de Dombate polo alcalde, José Muíño, e a coordinadora de Turismo e Cultura, Silvia Losada, onde o alumnado tivo a oportunidade de facer unha visita guiada. Posteriormente desprazáronse ata o Concello de Malpica de Bergantiños, para coñecer de primeira man o traballo da Asociación Oleira de Buño, onde visitaron un obradoiro ao tempo que gozaron dunha mostra en vivo, guiados polo presidente na asociación, Antonio Pereira, tamén coñecido como O Rulo.

Refuxio de Verdes

Posteriormente, percorreron dous quilómetros por unha senda no Refuxio de Verdes, en Coristanco, xunto ao seu alcalde, Juan Carlos García, a súa concelleira de Turismo, Clarisa Couto, e a súa técnica, Mónica Cancela, onde tamén puideron realizar unha degustación da popular pataca de Coristanco.

Antes da última visita, o grupo xantou no Náutico de Razo, establecemento socio da Asociación de Profesionais Turísticos da Costa da Morte (APTCM). Finalizaron o seu percorrido no espazo natural Razo-Baldaio, en Carballo, para facer unha visita guiada coas técnicas, Maite Parga e Inés Andrade, e falar non soamente sobre os seus valores ambientais, senón tamén sobre o desenvolvemento do surf como produto turístico.

O alumnado indicou que “este tipo de actividades axudan a ver a parte práctica do que estudado na clase e a coñecer os diferentes axentes locais que interveñen no desenvolvemento turístico dun territorio: a parte política, a parte técnica, a parte empresarial e o tecido asociativo”, á vez que destacou “a gran riqueza coa que conta a Costa da Morte, a boa sintonía entre os diferentes axentes implicados e gran hospitalidade, profesionalidade e vocación de cooperación que viron na CMAT e en todas as persoas e entidades que aportaron na visita”. O grupo volverá no segundo cuadrimestre a continuar percorrendo o territorio, xa que considera que “queda moito que ver no xeodestino”. “Estamos desexando voltar moi pronto”, apuntaron tras a visita.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación en varios ríos no concello de Ortigueira que...

0
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 9 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para...

A Biblioteca Municipal de San Sadurniño organiza un concurso de ilustracións sobre a obra...

0
Os orixinais poderán presentarse entre o 23 de febreiro e o 3 de marzo O Concello tamén fai un chamamento á participación na manifestación de...

O presidente da Deputación deplazouse a Ribeira para dar a coñecer o plan de...

0
Hoxe tivo lugar a visita do presidente da Deputación, Valentín González ao Concello de Ribeira o presidente puxo en valor o Plan de Obras...

O Concello solicitará subvencións europeas para diversas actuacións que suman 16 millóns de euros

0
O Concello de Oleiros vai presentarse á próxima convocatoria de fondos europeos para recibir financiamento para diversas actuacións que no seu conxunto suman 16...

Lixeiro descenso do número de familias en situación de vulnerabilidade

0
Nun ano, o número de familias en situación de vulnerabilidade pasou de 284 a 274. É dicir, houbo un lixeiro descenso. Non se duplicaron. O...

Mañá, día 11 de febreiro ábrese o prazo de inscrición para a primeira ruta...

0
O Concello de Oleiros organiza o vindeiro 22 de febreiro unha ruta desde a Fervenza do Toxa ao Mosteiro de Carboeiro e visita ao...

Publicacións Relacionadas