Home A Coruña O alumnado do Obradoiro de Emprego e as Brigadas de Xardíns de...

O alumnado do Obradoiro de Emprego e as Brigadas de Xardíns de Noia acondiciona o exterior da antiga fábrica da Chaínza

- Anuncio -

Santiago Freire agarda que “o proxecto do albergue saia a licitación en breve” e salienta que “xa temos respondido aos requirimentos de Política Social para habilitar o centro de día” nestas instalacións

O alumnado do obradoiro de emprego “Noia-Lousame-Outes” vén de acometer traballos de roza, repoboacións forestais e tratamentos silvícolas na contorna da antiga fábrica da Chaínza. “Unha actuación que, coa colaboración da Brigada de Xardíns de Noia, permitiron acondicionar e poñer en valor a contorna deste conxunto patrimonial no que prevemos habilitar un albergue, un centro de día e un centro de interpretación”, explica o alcalde de Noia, Santiago Freire.

O primeiro edil noiés salienta tamén os avances que se están a producir nestes proxectos e que se verán culminados ao longo das próximas semanas. “Unha das naves converterase nun albergue turístico, un proxecto que está a piques de saír a licitación e que suporá un investimento de 479.000 euros, dos cales 350.000 euros son achegados pola Consellería de Medio Ambiente e os 179.000 restantes serán aportado a través de Agader e dunha achega municipal”, adianta Freire Abeijón.

O alcalde indica que a habilitación deste albergue de peregrinos “é unha forma de complementar a oferta turística de Noia, sobre todo co protagonismo que está a adquirir o Camiño a Santiago pola Ría de Muros-Noia, que cada ano que pasa incrementa o número de visitantes e fan necesario contar cunha instalación coma esta”. O albergue contará con dúas plantas, de 130 metros cadrados cada unha, que contará cada unha cunha zona común, baños e duchas, así como oito dormitorios con liteiras (tres na planta baixa e cinco na alta). Así mesmo, disporá de zona de lavandería, máquinas de vending, acceso para bicicletas, espazo de lavado exterior, wifi e conexión coa oficina de información turística.

Avances co centro de día

Así mesmo, Santiago Freire sinala avances na tramitación do centro de día, que se instalaría no edificio principal da Chaínza. “Temos respondido aos requirimentos da Consellería de Política Social e agora pretendemos ir xestionando vías de financiamento, pois suporá un investimento de máis de 1,3 millóns de euros, aos que hai que engadir outros 180.000 euros para equipamento”, apunta o alcalde de Noia.

O centro de día noiés dará servizo a un total de 60 usuarios, así como a outros 15 pacientes con alzhéimer. Ocupará unha superficie de máis de 800 metros cadrados, distribuídos en dúas plantas e incluiría todos os servizos precisos: comedor, sala polivalente para actividades, consulta médica, sala de rehabilitación, así como despachos para psicólogo e asistente social.

O alcalde de Noia salienta tamén que “a parcela dispón dunha zona para habilitar un amplo aparcamento para dar servizo a albergue e centro día, así como amplas áreas para que os maiores poidan desfrutar ao aire libre. Unha zona que conecta coa senda litoral, o que mesmo lles permitiría facer un percorrido de case sete km pola fachada marítima”. Ademais, lembra que esta zona está incluída dentro do Plan de Sostibilidade Turística, o que permitirá recuperar e poñer en valor toda esta contorna.

Finalmente, o Concello continúa traballando tamén para acondicionar outros dos inmobles o complexo industrial da Chaínza nun centro de interpretación cun dobre obxectivo: poñer en valor a profesión de curtidores/as e darlle un novo uso a estas instalacións.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas