Home A Coruña O BNG apoia á veciñanza de Aguiño e anuncia accións ante a...

O BNG apoia á veciñanza de Aguiño e anuncia accións ante a Valedora do Pobo

- Anuncio -

Un numeroso grupo de veciños e veciñas concentráronse hoxe en Aguiño para mostrar o seu malestar que está xerando a reforma da fachada marítima e da rúa Castelao. A concentración contou co apoio de militantes do BNG e dos concelleiros da formación Luís Pérez e Cruz Rivadulla.

O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, mantén que “non é razoábel realizar unha actuación que conta coa oposición frontal dunha grande parte da veciñanza de Aguiño. O alcalde debe rectificar e sentar a falar coa veciñanza e cos grupos para introducir melloras no proxecto”.

Pérez Barral recriminou a actitude do goberno local por “tirar para diante sen escoitar e sen dialogar con ninguén” e engadiu que “os proxectos deberían ter a participación veciñal porque cando se fan as cousas sen contar coa xente é cando xorde o malestar”.

A obra implica problemas dificultarán a entrada e saída de garaxes por mor do carril bici e non vai crear ningunha zona verde. “Van gastar case un millón de euros para aumentar o cemento, eliminar os aparcadoiros e provocar problemas de tráfico, como xa fixeron na reforma das Carolinas ou do Malecón. Se algo sobra neste concello é cemento, precisamos zonas verdes e espazos onde a xente poida desfrutar do seu tempo libre”.

Desde o BNG cuestionaron a nula planificación do Partido Popular á hora de realizar obras que carecen de sentido ao non ter un proxecto global e de futuro. “De que vai servir un carril bici que nace e morre na mesma rúa e non existe proxecto para amplialo no futuro?” pregúntanse os nacionalistas.

Queixa ante a Valora do Pobo

No BNG anunciaron que elevarán unha queixa ante a Valedora do Pobo para que desde esta institución se defendan os intereses da veciñanza e se medie neste problema que está xerando o goberno local coas súas decisións unilaterais. Pérez Barral pídelle ao goberno local que “recapacite” porque, segundo afirma, “aínda se está a tempo de introducir melloras solicitadas pola veciñanza e polo BNG que permitan ampliar zonas verdes ou avanzar na accesibilidade universal”.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas