Home A Coruña O BNG apoia á veciñanza e esixe médicos para Aguiño

O BNG apoia á veciñanza e esixe médicos para Aguiño

- Anuncio -

Os nacionalistas póñense a disposición da veciñanza e traballarán para garantir o dereito á saúde

O BNG mostrou o seu apoio ás demandas da veciñanza de Aguiño que se concentrou para esixir que a Consellaría de Sanidade dote de persoal médico e recursos suficientes centro de saúde da parroquia. Os nacionalistas aseguran que o deterioro que sofre a Atención Primaria tanto en Aguiño como no centro de saúde de Ribeira está provocando desprazamentos innecesarios, listaxes de agarda para acudir a unha cita médica e unha atención de peor calidade.

Os nacionalistas cren que Aguiño podería vivir unha situación moi parecida ás vividas xa en Corrubedo ou Palmeira que padeceron a falta de médico durante meses até que a loita veciñal conseguiu forzar ao Goberno galego a cubrir as prazas con profesionais a tempo completo.

O alcalde, Luís Pérez Barral, presente na concentración declarou que estará a carón da veciñanza e traballará para que a veciñanza de Aguiño poida ter garantida a atención médica. “A falta de médicos supón un prexuízo importante á poboación pois só se cobren unhas poucas horas á semana e hai persoas que están a desprazarse ao centro de saúde de Ribeira co conseguinte gasto económico. Este feito supón, ademais, unha sobrecarga de traballo que soborda a capacidade dos xa escasos profesionais que hai no centro ribeirense porque a día de hoxe faltan 4 médicos dos 14 que debería haber” informou.

Deterioro da atención no rural

Os nacionalistas lamentan que o Goberno galego estea deteriorando a atención sanitaria que se presta nos centros de saúde rurais. O responsable local do BNG, Rafael Pazos, quixo trasladar a mensaxe de que “traballaremos a carón dos profesionais e da veciñanza para garantir o dereito a un sistema sanitario de calidade”.

Ante toda esta situación, o BNG rexistrou iniciativas no Parlamento solicitando cubrir o 100% das vacantes de persoal sanitario que existen tanto en Aguiño como en Ribeira evitando así a existencia de listas de espera para acudir ao médico de cabeceira.

Relacionadas

Incendio nun transformador eléctrico no soto do concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira participaron este mediodía nun operativo provocado polo incendio nun transformador eléctrico situado no soto da casa consistorial...

Belén do Campo visita as actuacións de revalorización do Castro de Montes Claros realizadas...

0
A delegada destacou que a última intervención supuxo un investimento de 10.300 euros que se uniu ao realizado polo concello da Laracha para poñer...

Compostela Cultura presenta nova temporada escénica con 33 espectáculos de teatro, danza e circo

0
A programación para o primeiro semestre de 2025 presenta tres focos temáticos que dirixen a atención cara á compañía Teatro do Noroeste, cara ao...

A modernización da imaxe e a creación de novos servizos reforzan a aposta do...

0
O Concello, coa colaboración da Consellería e Economía, investiu 35.000 euros na mellora dos postos e na adecuación e creación de servizos coma unha...

Comeza un novo obradoiro de emprego que permite a contratación de 20 veciños en...

0
No día de hoxe deu comezo un novo obradoiro de emprego no que se realizarán distintos traballos de creación de mobiliario urbano e actuacións...

A cerimonia de acendido das luces abre este xoves a programación do Nadal na...

0
O acto terá lugar na praza de María Pita desde as 17.00 horas, coas actuacións de Peter Punk e Los Alcántara Este xoves comezará a...

Publicacións Relacionadas