Home A Coruña O BNG critica ao Goberno do PP pola operación de compra dunha...

O BNG critica ao Goberno do PP pola operación de compra dunha nave industrial para Centro de Día

- Anuncio -

Dende o BNG de Teo consideramos que a operación, por parte do Goberno Municipal, de compra dunha nave industrial abandonada para Centro de Día non é axeitada para esta finalidade por considerar dubidoso o método de aquisición e tamén pola idoneidade do propio inmoble.

O Concello de Teo é propietario de parcelas municipais que poderían cederse á Xunta para esta dotación socio-comunitaria, sen ter que mercar parcelas alleas. Desde o BNG, ademais, criticamos que esta adquisición se faga sen ningún tipo de licitación pública por unha cantidade superior a 180.000 €. Esta operación xera numerosas dúbidas. Eloi Devesa, Portavoz Municipal do BNG, no pasado pleno cuestionou a alcaldesa do PP sobre estes aspectos: Non se barallou ningunha parcela municipal? Cales e por que se desbotaron? Por que non houbo un concurso público para a adquisición dunha parcela ou dun inmoble?.

As condicións da parcela e da nave industrial abandonada tampouco son as máis idóneas. A mala accesibilidade, a nula integración da mesma (ubicada nunha zona industrial) así como os previsibles altos custos de reforma do propio inmoble, constitúen aspectos desfavorables para esta operación de compra.

Dende o BNG queremos recordar que, se non hai un Centro de Día na actualidade é responsabilidade exclusiva do Partido Popular, xa que foron Feijoo e o seu Goberno quen botaron abaixo, no ano 2009, o proxecto e o convenio asinado pola propia Xunta (BNG-PSOE) e o concello no 2008. No mencionado Convenio incluíase a construción dun inmoble con vivenda pública e un Centro de Día, para o que se fixera a cesión dunha parcela municipal na urbanización de Campos de Mirabel. 

Desde o BNG seguimos a defender a dotación dun Centro de Día para o noso concello, de xestión pública e integrado na rede dos centros públicos do Consorcio Galego de Servizos Sociais. 

Relacionadas

Gonzalo Castro: “O novo Riazor será un proxecto de cidade, moito máis que un...

0
O concelleiro de Cultura e Turismo participou no Sports World Congress de Barcelona e expuxo o traballo O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro,...

Conta atrás para a XVII edición da Coruña21, coa recollida das camisetas e os...

0
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, adiantou hoxe que nesta edición do medio maratón haberá medalla para as persoas que crucen a meta, en...

Aberto o prazo para participar no Concurso de Comparsas, Carrozas e Disfraces de Entroido...

0
Ata o 26 de febreiro para comparsas e carrozas e ata o domingo 2 de marzo no caso das inscricións para disfraces de grupos,...

O Concello de Oleiros organiza unha ruta da Fervenza do Toxa ao Mosteiro de...

0
O Concello de Oleiros organiza o vindeiro 22 de febreiro unha ruta desde a Fervenza do Toxa ao Mosteiro de Carboeiro e visita ao...

Accidente sen feridos en Carballo

0
O parque provincial de Carballo recibiu aviso da policía local por mor dun accidente na Avenida da Milagrosa en Carballo onte luns pola tarde....

O Concello de Carral non perderá a subvención provincial de 209.000 euros para Servizos...

0
Ao detectarse o problema, Alternativa realizou xestións ante a Deputación, deixando sen argumentos a unha oposición mesquiña que celebraba a perda O erro informático que...

Publicacións Relacionadas