HomeA CoruñaO BNG da Laracha levará a pleno catro mocións de ámbito autonómico...

O BNG da Laracha levará a pleno catro mocións de ámbito autonómico pero que teñen unha importante repercusión local.

- Anuncio -spot_img

Ademais tamén expoñerán un rogo e tres preguntas.

O BNG da Laracha rexistrou para o vindeiro Pleno ordinario de xaneiro un total de catro mocións, inda que só poderán expoñer tres delas debido ao regulamento do concello que marca esa máximo para cada unha das sesións.

Ainda así, dende o BNG consideran que as catro mocións son temas relevantes para a localidade:

En primeiro lugar trátase dunha inciativa que xa se ten debatido en múltiples ocasións, que é a referida ó financiamento do Servizo de Axuda ó Fogar: a formación nacionalista está en contra do acordo entre a Xunta de Galiza e unha parte maioritaria da executiva da FEGAMP, xa que se considera que é insuficiente por non cubrir o custe real do servizo, o que repercute directamente nas arcas municipais. Por iso, esixen un financiamento xusto que se garanta un modelo de servizo público para o SAF.

A segunda das mocións é relacionada con Patrimonio, xa que a Xunta ven de aprobar unha modificación na Lei que o BNG rexeita por unha razón similar ao caso anterior: desprázase a responsabilidade do gasto na defensa e conservación do patrimonio nos concellos, ademais da xestión relacionada co mesmo, cargando así á administración local con competencias impropias que dificultarán que o patrimonio local poida recibir a atención que se merece. No caso concreto da Laracha esta modificación da Lei chega nun momento crucial, cando veñen de ser declaradas BIC As Torres de Cillobre, o cal implica que se deberán de cumplir unha serie de requisitos que veñen aparellados ó grao máximo de protección.

Outro dos asuntos que se levan a Pleno é de máxima actualidade nas últimas semanas xa que afecta de xeito directo a moitos ususarios da Laracha. Trátase da folga de transportes. Neste caso instarase á Xunta a implicarse na resolución do conflicto do transporte de viaxeiros por estrada da provincia da Coruña. Na moción lémbrase que a Xunta de Galiza ten responsabilidade directa por ser a contratista e a reguladora do servizo, favorecendo a concentración do sector en mans de grandes grupos empresariais que usan o seu poder para prorrogar un convenio caducado dende hai anos, situación que perxudica gravemente ós traballadores e traballadoras.

Para rematar, o BNG dá continuadade á campaña de sanidade que iniciou hai un mes para conseguir que no municipio haxa consultas ordinarias en horario de tarde, aumentando tamén así a plantilla de persoal sanitario que axude a reducir os tempos de agarda que non adoitan baixar da semana para unha cita no servizo de atendinón primaria pero tamén no PAC, que recolle moitas das consultas que se poderían xestionar nos médicos de cabeceira. Ademais incídese en que esta situación de colapso é recurrente en toda Galiza e instan á cidadanía a participar na manifestación a favor e en defensa da sanidade pública o vindeiro domingo 1 de febreiro en Santiago de Compostela.

Finalmente o BNG preguntará tamen por dous verquidos, un no río, producido o mes pasado de animais mortos e outro verquido con escuma nunhas parelas da zona de Leborís e interesaránse pola posición do goberno local en relación ó proxecto dunha central hidráulica reversible en Montemaior, así como un rogo para que as luces do paseo do Saldorio de Caion sexan repostas á maior brevidade posible.

Publicacións Relacionadas