Home A Coruña O BNG de Oleiros preguntará no vindeiro pleno polas novas analíticas...

O BNG de Oleiros preguntará no vindeiro pleno polas novas analíticas que declaran prohibida para o baño a praia do Porto de Santa Cruz

- Anuncio -

Após o tanque de tormentas, de 4 millóns de euros, continúa como zona vetada ao baño

Falaba a  Xunta da Galiza aló polo ano de 2018 de que se avanzaba un paso mais na mellora e saneamento integral da Ría do Burgo co inicio das obras do tanque de tormentas de Santa Cruz, no Concello de Oleiros. Tanque cuxo coste era dun importe próximo aos 4 millóns de euros

Falábase tamén de que aquelas obras eran un proxecto fundamental para a mellora das infraestruturas hidráulicas na contorna da ría do Burgo, que sería beneficioso non só para os veciños de Oleiros, senón para todos os concellos que bañan esta ría.

A actuación do tanque de tormentas substituía ao anterior bombeo, no cal descargaba toda a rede de saneamento de Santa Cruz, incluíndo as augas residuais procedentes dos núcleos de Brétema e Canide. A obra, que contaba cun 80% de cofinanciamento de fondos FEDER, contemplaba a execución das conducións, estruturas e instalacións necesarias para a construción do tanque; a mellora da rede de saneamento na contorna do parque Luis Seoane e conexión ao novo tanque; e a demolición do actual bombeo e reurbanización da zona.

 A Xunta declarou a “prohibición permanente” de bañarse na praia do porto de Santa Cruz polas negativas análises da auga. A cidadanía ten moitas dúbidas con respecto a estas análises, ao verdadeiro estado da calidade da auga dos ríos que baixan para Santa Cruz, a que ten que dicir Augas de Galiza da calidade da auga destes regatos do Seixo e da e ou por que após ter gastado un auténtico diñeiral, teoricamente para acabar coas verteduras, as analíticas seguen a dar mal ou se segue a haber puntos de vertido ou casas co saneamento conectado ilegalmente ao río, como se ten recoñecido no pasado.

Ademais, o noso portavoz municipal fará varias preguntas sobre temas que afectan á cidadanía, entre elas:

Chegada quinto contentor a Oleiros. Información á cidadanía

É inminente a chegada do quinto contedor de cor marrón a Oleiros, destinado a depositar exclusivamente residuos orgánicos (alimentos, pos de café, plantas, infusións) que supón o 40% do total de residuos, dados atrancos anteriores como por exemplo os que dan lugar a eliminar os contentores soterrados En Santa Cristina polo pésimo uso dos mesmos, queremos saber se por parte do Concello ou Consorcio se van adoptar as medidas oportunas para concienciar, educar e informar a cidadanía sobre este tipo de contentores de cara a optimizar o seu so entre a cidadanía. Pediremos ao Concello que se sume a esta iniciativa.

Proceso participativo na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostíbel

O Concello de Oleiros iniciou un proceso participativo para consultar a cidadanía sobre os retos e desafíos que lle parecen máis importantes, que o Concello debe afrontar no futuro, para conformar a súa Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostíbel. Esta consulta é unha enquisa anónima a través da web municipal, , e que inclúe seis preguntas. Segundo indicou, o obxectivo é elaborar un “documento cohesionado” que aborde as “necesidades e singularidades” do territorio.

Entre as cuestións presentadas está a de explicar os tres desafíos considerados en materia de territorio, paisaxe, urbanismo, infraestruturas, mobilidade e medio ambiente; pero tamén o comercio, o turismo, o emprego ou a actividade económica, xunto coa vivenda, a cultura, a seguridade ou o deporte. Gostaríamos saber se o Concello vai dar publicidade aos prazos da mesma, datos de participación, os resultados e como van influír na acción do Goberno de cara a elaboración dunha axenda 2030.

Para cando a xunta de portavoces?

Após a unilateral decisión do Goberno local de limitar o número de mocións para os grupos da oposición, o BNG pediu no pleno de xuño a necesaria creación dunha xunta de portavoces. O Alcalde falou en varias ocasións de que se estaba a traballar na creación dunha Xunta de portavoces (como existen en todos os Concellos da contorna).

Preguntaremos o Concello en que estado se acha a creación da xunta de portavoces en cando cre que se fará efectiva.

Supresión da liña municipal ao Burgo

O BNG descoñece, en rigor, se a decisión de suprimir a liña de Lorbé ao Burgo parte dun diálogo previo coas residentes e o tecido veciñal das distintas parroquias ás que o transporte vén prestando servizo. Tamén descoñece o BNG se a eliminación é unha medida incluída, ou recomendada, no Plan de Mobilidade (PMUS) ou se obedece a unha diagnose incluída dentro dos traballos que precederon este Plan. Nun momento social en que a mobilidade é percibida como un dos problemas centrais da veciñanza de Oleiros e no que o propio goberno municipal está a lle reivindicar á Xunta de Galiza un mellor modelo de transporte público semella, cando menos, estraño, e até contraditorio con ese discurso, que se decida suprimir unha liña de bus só con 15 días de anticipo, xusto a única que sostén economicamente o Concello de Oleiros en solitario.

O BNG propón que esta decisión sexa reconsiderada, ou aprazada no tempo até que non entre en funcionamento unha solución mellor, máis eficiente se é que a houber, que garanta a continuidade do servizo nas mesmas condicións que até agora. 

Relacionadas

Maxestuosa actuación do alumnado da Escola Municipal de Danza co Crebanoces

0
A elevada calidade artística do alumnado da Escola Municipal de Danza quedou patente unha vez máis esta tarde en Mera, no Auditorio Gabriel García...

Juan Ignacio Borrego, na visita do CLIAC á Cociña Económica: “Pola súa empatía, as...

0
A rapazada que integra o Consello Local da Infancia da Coruña visitou esta tarde as instalacións do comedor social na rúa Socorro, acompañados polo...

O Concello de Carballo duplica o número de minipuntos limpos de proximidade para facilitar...

0
Os novos puntos, situados nos barrios da Milagrosa, O Chorís e O Hospital-San Cristovo, inclúen por primeira vez un depósito específico para material escolar O...

A cabalgata de Papá Noel percorrerá o luns toda Neda para chegar aos nenos...

0
A cita, organizada polo Concello terá lugar o luns 23 de decembro, ao longo de toda a xornada A continuación, terá lugar a tradicional recepción...

Circo e xadrez en San Sadurniño… e avance da programación da fin de semana

0
A Casa da Cultura encheuse esta mañá de risas e números abraiantes coa Gala de Circo que nos ofreceu Culturactiva. Un espectáculo organizado polo...

O Concello de Ribeira inicia o acondicionamento dunha senda peonil en Teira

0
Co obxectivo de mellorar o tránsito peonil seguro no ámbito rural, o goberno ribeirense iniciou a retirada do paseo de madeira que une Teira...

Publicacións Relacionadas