Home A Coruña O BNG de Ponteceso fai pública a súa campaña de apoio ao...

O BNG de Ponteceso fai pública a súa campaña de apoio ao pequeno comercio e lamenta que o tecido local se vexa perxudicado pola falla de previsión do Concello.

- Anuncio -

“A ponte de decembro supón tradicionalmente o inicio das compras de Nadal e a falla de previsión do Concello de Ponteceso perxudica ao comercio local” di a voceira municipal, Fátima Rodríguez Gonzálvez, que considera unha irresponsabilidade do Goberno Municipal que o alumeado de Nadal non estea aínda íntegramente colocado e acendido na localidade.

Desde o BNG denunciamos a falla de previsión dun Goberno Municipal que só actúa como reacción ás críticas ou ante as peticións directas da cidadanía.

Un goberno sen iniciativas e que non ten claros os tempos, un goberno que funciona, igual que o goberno anterior, empurrado pola crítica en redes sociais e que agarda ata que a cidadanía lle formula peticións antes de resolver ou dispoñer ningunha solución, por máis evidente que sexa a necesidade. Unha forma de actuar propia do máis tradicional caciquismo.

No que ao pequeno comercio respecta, non se trata soamente da falla de iniciativas ante o Nadal, que se chegue tarde co alumeado ou que, un ano máis, se descoñeza se existirá un programa de actividades e eventos propios do Concello, máis aló de apropiarse das actividades das asociacións e colectivos sociais.

A maiores, despois de ano e medio, atopámonos ante un Goberno que non foi quen de habilitar prazas de aparcamento dignas para resolver a histórica demanda do comercio pontecesán.

Afrontamos o Nadal con dúas zonas de aparcamento enlamadas e cheas de fochancas nas que resulta case imposible aparcar. A falla de acordo coas familias propietarias para firmar os necesarios comodatos poñen de manifesto a incapacidade de diálogo e a falla de determinación do goberno municipal.

Ante esta situación desde o BNG lembramos a toda a cidadanía que nesta época é importante facer compras responsabeis, non mercar máis do necesario e, por suposto, priorizar as compras no comercio local e de produtos locais.

Animamos á xente que merque no comercio local e desexamos para este que teña unha boa campaña de Nadal.

Relacionadas

O BNG apoia as reivindicacións da ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira

0
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta o seu apoio ás demandas da Asociación de Nais e Pais Santa Uxía do CEIP O Grupo de...

Convenio entre o Concello e o Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC...

0
As primeiras actividades desenvolveranse este mes, dentro do programa Medrando con Apego e na II Feira do Día da Muller e a Nena na...

Ponteceso adicará a totalidade dos fondos do POS a financiar gasto corrente

0
O goberno local indica que “o único que pretende é mellorar a saúde da casa de todos os pontecesáns”. O Concello de Ponteceso celebra mañá...

Camariñas destina 470.000 euros do Plan Único a diferentes obras e gasto corrente

0
● O goberno local levará mañá, mércores (16:30 horas), a pleno a proposta para a súa aprobación. ● Os proxectos son: a segunda fase da...

O bus de doazón de sangue de ADOS recalará este venres pola tarde en...

0
A Unidade Móbil de Doazón de Sangue visitará Neda o venres 7 de febreiro. Durante toda a tarde, de 15:30 a 21:00 h, permanecerá...

María Rivas pon en valor a mellora na seguridade cidadá da Laracha, cunha baixada...

0
 A subdelegada e máis o alcalde, José Manuel López, repasaron os datos de seguridade no concello, que melloraron con respecto ao ano pasado ...

Publicacións Relacionadas