Home A Coruña O BNG de Ponteceso lamenta a mala situación económica na que se...

O BNG de Ponteceso lamenta a mala situación económica na que se atopa o concello despois dun mandato nefasto

- Anuncio -

Fátima Rodríguez Gonzálvez manifesta a súa preocupación polo feito de que o concello lidere ránkings negativos entre os peores xestores do Estado, logo da información feita pública polo Ministerio de Facenda, que vén a poñer de manifesto a mala xestión dos últimos anos.

Nestes días nos que asistimos abraiadas á fuxida cara adiante do noso rexedor, nunha, máis que cuestionable, carreira por facer de Ponteceso un Concello referente de calquera cousa, chama a atención que se esqueza de remarcar algo no que xa somos, sen lugar a dúbidas, referente: a falta de atención ás obrigas coas empresas que traballan para o Concello, é dicir, as débedas cos provedores.

Desde o BNG consideramos que Ponteceso non merece esta situación, xa que é unha absoluta irresponsabilidade o que se están facendo desde a alcaldía cos cartos públicos. O alcalde hipoteca o futuro do noso concello mentres perde o tempo sen facer máis que anuncios propagandísticos de dubidosa utilidade.

Nun estado de estancamento como o que vén arrastrando Ponteceso, onde non se foi quen nin de desenvolver en 3 anos os investimentos recollidos no propio orzamento de gastos prorrogado desde 2020, resulta inaudito que se fale de boa xestión cando a realidade mostrada polo Ministerio de Facenda é ben diferente. Entre as facturas xa abonadas por Facenda no exercicio anterior e as facturas das que Facenda ten constancia como debidas a fin de ano 2022, suman preto dun millón de euros.

Este venres remata o prazo para pedir a adhesión voluntaria ao Mecanismo de Pago a Provedores das Entidades Locais 2023, un mecanismo establecido polo Ministerio de Facenda do Estado como salvavidas aos provedores dos municipios, para evitar que as empresas sufran problemas de liquidez polos incumprimentos dos gobernos locais e a súa mala xestión. A través deste mecanismo o propio Ministerio de Facenda faise cargo das facturas pendentes establecendo un sistema de financiamento aos Concellos, que dentro de 4 anos terán que devolver o adiantado polo Ministerio.

Desde o BNG comprometémonos a ter o diálogo como piar da nosa xestión e poñer todo do noso lado para garantir que o noso Concello teña cada exercicio un orzamento de gastos actualizado que recolla as necesidades reais de investimentos na nosa vila.

Relacionadas

Inés Rey, na celebración do ascenso do Dépor ABANCA: “Hoxe o orgullo da Coruña...

0
A alcaldesa recibiu ao equipo en María Pita, onde a afección celebrou o triunfo desde a praza A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta...

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres,...

0
 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e...

Charlín lamenta que a oposición trate de enganar á veciñanza e sinala que as...

0
• O alcalde laxense lamentou as acusacións vertidas desde o BNG de maneira “completamente inxustificada, sen probas e con datos falsos e desactualizados” • “Os...

As brigadas medioambientais municipais actúan no Castro de Montes Claros

0
Nos espazos que foron obxecto de escavacións intervirase baixo supervisión arqueolóxica. O Concello continúa levando a cabo actuacións que teñen por obxectivo conservar e poñer...

O Concello comeza este mércores os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas...

0
· Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño. O Concello de Camariñas dará comezo este...

Concerto da arxentina Guada o sábado na Fábrica

0
O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto da artista arxentina Guada, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas....

Publicacións Relacionadas