Desde o BNG de Santa Comba solicitamos información sobre a licenza de obra e cesión dunha finca municipal, para a instalación dunha antena de telecomunicacións de 40m de alto na parroquia de San Pedro de Cícere, dentro do termo municipal de Santa Comba.
A documentación enviada polo concello indica a cesión de dúas fincas e a concesión da obra. Da primeira finca, non se sabe en que quedou o acordo e por que se fai unha segunda. Esta segunda concesión de finca, de 75m2, será durante 25 anos e sen custe, sen compensación económica de cara ao concello e por tanto á veciñanza. Sin chegar a valorar si é legal ou non facer esa concesión por decreto sin levalo na orde do dia o pleno para ser debatido, o que non é lóxico que que non se informe os veciños da colocación dunha antena de esta envergadura,
Non se miran so pode haber outras lugares mais lonxe das casas na que a veciñanza se sinta mais segura.
A obra faise por comunicación previa, mais non se transmiten informes de posíbel afectación da antena á veciñanza. Partindo disto, a veciñanza protesta por falta de información, ao non querer ter tan preto das casas.
É certo que a concesión vai por decreto nun pleno, mais sen publicidade. Ademais a oposición tampouco fai o seu traballo, xa que nin se enterou de que esta concesión de instalación de antena estaba incluída no medio do resto de decretos.
No BNG estamos de acordo en que hai que mellorar as comunicacións, pero non sen dar seguridade e tranquilidade ás persoas, facendo as cousas por detrás e sen transmitir información necesaria ao respecto.



