O Portavoz municipal Eloi Devesa acompañado do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, xunto con integrantes do grupo municipal e veciñanza, visitaron no día de onte a estación ferroviaria de Osebe, para denunciar a situación caótica do servizo ferroviario.
O Bng de Teo denuncia atrasos e suspensión contastantes.
Pola súa parte o portavoz do BNG en Teo, Eloi Devesa, destacou que “durante máis de quince días a parada de Osebe en Teo, xunto coas de Padrón, Cesures ou Catoira non tiveron tren, e as persoas usuarias non tiveron información dos motivos ao tempo que podían seguir mercando billetes para logo depender dun plan alternativo por estrada irregular, con atrasos e supresións constantes” recrimina, “a recuperación e mellora dos servizos ferroviarios é fundamental para o noso concello e facilitaría apostar por un medio de transporte sustentábel e alternativo aos desprazamentos por estrada”.
Neste sentido, o BNG exixiu a restitución inmediata dos servizos suprimidos, xunto coa posta en marcha dun plan de mantemento exhaustivo das infraestruturas ferroviarias e unha revisión periódica de vías e taludes que permita garantir a circulación mesmo en condicións meteorolóxicas adversas.



