HomeA CoruñaO BNG demanda a cobertura inmediata da praza de intervención municipal

O BNG demanda a cobertura inmediata da praza de intervención municipal

- Anuncio -spot_img

– Desde o mes de xaneiro o BNG está a reclamar a cobertura interina do posto de Intervención Municipal pola ausencia prolongada da persoa titular.

– A Intervención é un posto clave na Administración Municipal e a súa ausencia prexudica gravemente a tramitación de expedientes.

– En maio aprobouse de xeito unánime a moción do BNG para pedir á Xunta colaboración para designar unha persoa substituta.

– Malia as reiteradas veces en que o Goberno Municipal xustifica as súas demoras na falta de persoal, as últimas novas indican que a petición á Xunta está sen resolver por falta dunha sinatura do Alcalde José Ramón Rioboo.

O BNG leva desde xaneiro reclamando a cobertura do posto de Intervención Municipal, xa que a persoa titular está ausente por distintos motivos desde hai case un ano.

Malia ter sido aprobada de xeito unánime en maio unha moción do propio BNG demandando a designación pola Xunta dunha persoa que exerza o posto de xeito interino, esta designación aínda non se produciu.

A pesar do tempo transcurrido desde maio, as últimas novas eran que a solicitude estaba sen atender porque precisaba da sinatura do Sr. Alcalde.

O BNG de Culleredo non pode entender como, tratándose dun posto da importancia da Intervención Municipal, clave, por exemplo, para a aprobación de axudas ou das contas municipais, o Alcalde D. José Ramón Rioboo non ten entre as súas prioridades asinar o papel da petición. 

O voceiro nacionalista, Tono Chouciño, lembra as numerosas ocasións en que o Goberno Municipal pon como excusa a falta de persoal para xustificar as demoras nas tramitacións de diversos expedientes. “Non se nos ocorre ningunha razón lóxica para esta mostra de total desinterese na cobertura dun posto tan importante, a non ser que se queira prexudicar o normal funcionamento do Concello”.

Publicacións Relacionadas