Home A Coruña O BNG insta á Xunta a asumir as súas competencias no Conservatorio...

O BNG insta á Xunta a asumir as súas competencias no Conservatorio Municipal de Música de Ribeira

- Anuncio -

Cristina Fernández Davila salientou que o concello debe asumir todos os gastos dos Conservatorios Municipais, sen ningunha axuda da Xunta

O BNG denuncia a discriminación que sofre o alumnado dos Conservatorios Municipais e exixe que a Xunta asuma as súas competencias

O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar unha Proposición Non de Lei no Parlamento galego na que demanda que a Xunta asuma as súas responsabilidades en relación aos Conservatorios Municipais de Música. A deputada Cristina Fernández Davila denunciou que o goberno do PP “está desentendéndose” dunha competencia que lle corresponde, forzando aos concellos a asumir uns custos inasumíbeis para manter estes centros educativos esenciais para a formación musical do país. Na xuntanza desenvolvida no Parlamento Galego, tamén estiveron presentes as concelleiras do BNG ribeirense, Cruz Rivadulla e Antía Alberte.

Na actualidade existen en Galiza 23 conservatorios municipais que imparten ensinanzas regradas de grao profesional. O conservatorio de Ribeira depende economicamente do concello e que destina 760.000€/ano entre gastos de persoal e servizos, a pesar de contar con alumnado procedente de diferentes localidades, xerando desigualdades evidentes con respecto aos conservatorios de titularidade autonómica, situados nas cidades e financiados pola Xunta.

“As taxas nos conservatorios municipais son moito máis elevadas porque os concellos deben cubrir os gastos, sen ningunha axuda da Xunta”, sinalou Fernández Davila. Ademais, a falta de acceso ás listaxes de profesorado da Consellaría de Educación dificulta a substitución de docentes, provocando unha perda de clases que prexudica gravemente ao alumnado.

Ante esta situación o BNG insta ao Goberno galego a asumir a súa competencia en materia de educación musical e integrar os conservatorios municipais na súa rede de centros, así como convocar axudas para os concellos que actualmente sosteñen estes centros, garantindo recursos para persoal, material e infraestrutura. Fernández Davila salientou “a importancia de escoitar ás direccións dos centros, ás comunidades educativas e aos concellos para avanzar cara á súa integración na rede pública”.

O BNG defenderá esta proposta no Parlamento galego, exixindo que o goberno do PP rectifique e cumpra coas súas obrigas en materia de ensino musical en Galiza. A portavoz de Educación do BNG destacou que “non é asumible que a Xunta siga trasladando aos concellos os custos dunha competencia que lle pertence”. Para a deputada nacionalista a formación musical “é esencial e debe ser garantida pola administración autonómica, sen discriminar ao alumnado polo seu lugar de residencia”.

Relacionadas

Abegondo aproba por unanimidade os fondos do POS e a actualización do inventario

0
· Rexeitada a moción do BNG sobre a revisión do convenio do Deportivo ao lograr só o voto favorable do edil nacionalista O Concello de...

Secundino García solicítalle a Martina Aneiros actuacións “urxentes” no CPI de San Sadurniño

0
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, achegouse esta mañá até San Sadurniño para visitar as obras financiadas nas dúas últimas anualidades...

O pleno aproba por unanimidade o POS+ 2025, o novo Plan de Igualdade e...

0
Tamén se elevou a definitiva a aprobación da modificación da ordenanza municipal reguladora da corta e transporte da madeira de tala. No primeiro Pleno ordinario...

O Concello de Ribeira entrega as becas a deportistas individuais para fomentar hábitos saudables...

0
O Concello de Ribeira fixo entrega hoxe das becas a deportistas individuais, unha iniciativa que busca promover hábitos de vida saudables, apoiar economicamente a...

Inés Rey presenta un orzamento de 379 millóns de euros, cun Plan de Barrios...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou hoxe as contas de cara a este exercicio, que se aprobarán mañá na Xunta de Goberno Local O Concello prevé...

Corte total de tráfico no tramo final da Avda. Santa Cristina por mor das...

0
Desde o día 30 de xaneiro e por un período de 2 meses, procederase ao corte total de tráfico do tramo final da Avda....

Publicacións Relacionadas