HomeA CoruñaO BNG lamenta que non se dote de saneamento ás casa do...

O BNG lamenta que non se dote de saneamento ás casa do Rañal que quedan na pate do novo paseo que se vai realizar

- Anuncio -spot_img

Desde o BNG solicitaron ao igual que a veciñanza en multitude de ocasións que se fixese esta obra para dotar de saneamento todo o núcleo do Rañal

Desde o BNG de Arteixo valoran positivamente que as obras para facer o tramo do paseo que faltaba sexa unha realidade mais critican que non sei tiveran en conta as reivindicacións para dotar de sanemanto ás casas que quedan nesa zona e que a día de hoxe aínda non contan cun servizo esencial ” desde o BNG xa reclamamos en varias ocasións que se tivesen en conta as peticións da veciñanza, sabemos que as propietarias e propietarios tamén o solicitaron mais non houbo resposta en positivo” informan desde o BNG.

A obra que se acaba de adxudicar por un importe de 411.087,06 € foi solicitada con cargo o plan de obras e servizos da Deputación da Coruña no ano 2019 polo que o concello tivo tempo antes e despois de poder realizar os cambios no proxecto que garantizasen esa obra tan necesaria e demandada pola veciñanza. O

O portavoz do BNG afirma ” que se quixesen poderían ter cumprido a solicitude, no proxecto inicial que presentaron en 2019 xa non se contemplaba mais poideron mentras non se realizaban todos os trámites realizalo”

Publicacións Relacionadas