Home A Coruña O BNG lémbralle ao goberno de Cabanas que “ten o proxecto para...

O BNG lémbralle ao goberno de Cabanas que “ten o proxecto para mellorar a seguridade na Avenida do Areal nun caixón”

- Anuncio -

O alcalde de Cabanas celebra nas redes sociais “poñer dous focos” pendurados dun semáforo mentres deixa de facer un investimento de máis de medio millón de euros para a mellora integral da seguridade na principal avenida de Cabanas

O BNG considera denunciar “a vulneración de dereitos fundamentais” ante a non convocatoria dun pleno extraordinario solicitado -xunto con Somos Cabanas- para tratar este asunto.

A política de autobombo exaxerado na que está inmerso o Concello de Cabanas desde que o PP regresou ao goberno local, en xuño do ano pasado, leva a que calquera mínima intervención rutineira sexa vendida nas redes sociais municipais como un gran acontecemento.

Despois de indubidables éxitos como presumir de repoñer luminarias rotas en dous puntos e de varrer unha rúa.

Despois de conseguir unha subvención de 5.600 euros para facer un (pequeno) estudo da rede de abastecemento que non vai servir nin para comezar a solucionar as innumerábeis roturas que vén sufrindo a rede de abastecemento e vendelo como unha gran xestión “da axenda medioambiental do Concello de Cabanas” (a mesma axenda que permite a contaminación do Piñeiral con áridos e augas fecais das obras do Paseo da Madalena, aínda sen solucionar).

Despois de levar todo o mandato publicando unha “axenda semanal” que achega unicamente información das actividades que organizan as diferentes entidades, disimulando a incapacidade do goberno municipal para organizar nada.

Onte chegou unha nova publicación celebrando a instalación de dous focos pendurados dun semáforo, “unha gran xestión” que, segundo a conta do Concello, é froito dunha reunión do alcalde co “Ministerio de Fomento” (xa inexistente).

O BNG considera que os problema de seguridade da Avenida do Areal non se solucionan con pendurar dous focos dun semáforo, e lémbralle ao alcalde de Cabanas que ten paralizado un proxecto de máis de medio millón de euros para a mellora integral da seguridade da Avenida. Un proxecto que inclúe, máis aló da mellora da iluminación en máis de medio quilómetro da principal avenida comercial de Cabanas (e non nun semáforo), a instalación de novos pasos de peóns en puntos estratéxicos, a mellora da accesibilidade (hoxe en día inexistente), o cambio de beirarrúas, e a substitución das tubaxes de abastecemento e saneamento, entre outras.

“O PP está a deixar pasar o tempo con desculpas desde que entrou a gobernar, evitando responder ás preguntas do BNG nos plenos e obviando o acordo plenario impulsado polo BNG no pleno de xaneiro e apoiado pola maioría do pleno instando ao goberno local a facer a obra e non perder o financiamento conseguido” apuntou o voceiro municipal do BNG, Iago Varela. “O tempo corre na contra, xa que para non perder o financiamento externo (180.000 € dun convenio coa Deputación da Coruña) conseguido polo anterior goberno municipal a obra debería estar comezada en outono”, engadiu o portavoz nacionalista.

A inacción do goberno municipal levou ao BNG a forzar a convocatoria dun pleno extraordinario, xunto co portavoz de Somos Cabanas, para tratar este asunto, entre outros de urxencia do ámbito municipal. “Reunimos as sinaturas necesarias para forzar a convocatoria dun pleno extraordinario, e lonxe de convocalo, enviou un requirimento á concelleira que rexistrou a proposta de pleno aludindo que ela non firmaba a convocatoria, cando foi ela a que asinou toda a documentación co rexistro da iniciativa”, denuncia o BNG.

A non convocatoria dun pleno solicitado pola cuarta parte das concelleiras, amparado pola Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, leva ao BNG a estudar “acudir ao Xulgado para facer valer os dereitos fundamentais que se están a vulnerar” por parte do alcalde do PP.

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas