HomeA CoruñaO BNG propón a adopción de medidas para incentivar a saída ao...

O BNG propón a adopción de medidas para incentivar a saída ao mercado de vivendas baleiras

- Anuncio -spot_img

– A medida diríxese a vivendas que permanezan máis de 2 anos baleiros e que o seu propietario, público ou privado, dispoña de máis de 2 vivendas baleiras no municipio.

– Para o cómputo non se ten en conta a vivenda habitual, segundas residencias, ou aquelas que permanecen baleiras por outras causas xustificadas.

– A suba nos prezos do aluger e a dificultade das familias para atopar vivenda, fai preciso a adopción de medidas que fomenten a saída de inmobles baleiros ao mercado.

O BNG de Culleredo proporá no vindeiro pleno municipal unha modificación da Ordenanza Fiscal número 1 ( do Imposto de Bens Inmobles) para incentivar a disponibilización no mercado de aluguer de vivendas baleiras propiedade de grandes tenedores.

A Lei de Facendas Locais permite aos Concellos recagar un 50% a cuota líquida do IBI a aqueles propietarios (tamén as Administracións Públicas) que posúan máis de 2 vivendas baleiras no mesmo municipio se estas permanecen baleiras máis de 2 anos.

Para o cómputo destas vivendas non se teñen en conta a vivenda habitual, segundas residencias, aquelas que estean en proceso de venda ou reparto hereditario, ou que permanezan baleiras por outras causas xustificadas.

Para o BNG, a actual situación de alza nos prezos do aluguer e a dificultade das familias para facer fronte aos custes da vivenda, fai preciso adoptar medidas que incentiven a utilización de inmobles de uso residencial que permanecen baleiros por longo espazo de tempo con fins especulativos.

Publicacións Relacionadas