Home A Coruña O BNG propón traer a Arteixo a Axencia Estatal de Supervisión de...

O BNG propón traer a Arteixo a Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial

- Anuncio -

Arteixo conta co ecosistema preciso para acoller con garantías este organismo.

Os nacionalistas preguntarán polo mantemento do mobiliario do paseo fluvial

O BNG de Arteixo leva ao vindeiro pleno de Arteixo, que se celebra este xoves 28 de abril, unha moción relativa á solicitude de instalación no concello de Arteixo da Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial.

O pasado 22 de marzo o Ministerio de Política Territorial publicou no BOE o Real Decreto 209/2022 polo que establece o procedemento para a determinación das sedes físicas das entidades pertencentes ao sector público institucional estatal. Este Real Decreto facilita e fomenta a descentralización na asignación destas sedes e crea unha oportunidade para Galiza neste eido. Neste marco crearase a Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial. O BNG considera que Arteixo xunta as características axeitadas para albergar esta axencia xa que na súa propia área metropolitana dispón dunha Facultade de Informática que, probablemente, terá o grao e mestrado de IA. Ademais, o municipio conta cun tecido empresarial potente e innovador. Por outra banda, impulsaría o reto demográfico galego, as políticas de creación de emprego e o papel do sector tecnolóxico como vertebrador do territorio.

O BNG propón ao Pleno instar á Xunta de Galiza para que solicite a instalación da “Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial” no territorio galego e ofrecer o Concello de Arteixo como sede para a citada Axencia.

Por outra parte, máis aló da política local, trala decisión do goberno español de asumir a postura de Marrocos de non respectar o dereito de autodeterminación do pobo saharauí, o BNG mostra o total rexeitamento á mesma e propón ao Pleno mostrar o seu firme apoio ao pobo saharauí no exercicio do seu dereito de autodeterminación e independencia, así como esixir do Goberno español a rectificación da decisión de asunción da posición e discurso da ditadura marroquí sobre o Sáhara Occidental e que esixa a Marrocos o cese inmediato da violación dos dereitos humanos da poboación.

Rogos e preguntas

O BNG de Arteixo preguntará se o Goberno sabe cantas persoas refuxiadas ucraínas chegaron ao municipio e se ten prevista algunha axuda para elas.

Os nacionalistas tamén demandarán, de novo, a documentación sobre a restauración e situación da canteira de Vilarrodís. Pedida xa en marzo, cando o concelleiro de Urbanismo asegurou que ía mandala.

Finalmente, o BNG rogará que, á maior brevidade posible, o Concello subsane o mal estado do mobiliario do paseo fluvial, para ofrecer unha maior seguridade á veciñanza. Ademais, os nacionalistas rogan a eliminación da cita previa no Concello de Arteixo para trámites administrativos, en tanto os prazos actuais limitan as xestións dos usuarios.

Relacionadas

O concello mellora a estrada no núcleo de A Fontaíña, en Lemaio

0
O proxecto supera os 86.000 euros de investimento. O núcleo de A Fontaíña, na parroquia de Lemaio, está a ser obxecto dun proxecto promovido polo...

Mercedes Rosón sobre a operación Peleteiro: “BNG e CA deben asumir a súa responsabilidade...

0
Lembra que en febreiro do 2023 toda a oposición bloqueou o proxecto do goberno socialista para a rehabilitación da parcela do antigo Peleteiro “Hoxe a...

A Festa da Filloa de Lestedo obtén o título de Festa de Interese Turístico...

0
A Secretaría de Estado de Turismo vén de remitir a resolución favorable á devandita declaración que converte a esta celebración na terceira da provincia...

A praia da Corna volve ser escenario dunha nova xornada de retirada de lixo

0
O Concello da Pobra do Caramiñal convoca unha nova xornada de limpeza de areais que se concentrará na Corna. Terá lugar no domingo 21,...

O Concello acometerá traballos de mellora do firme en nove rúas da cidade

0
As obras arrancarán nas próximas semanas e levaranse a cabo na rúa da Presa, rúa do Campo de Santa Isabel, rúa de Vite de...

Aberto o prazo de inscrición da Baixada Popular de Cross de San Pedro de...

0
Aberto o prazo de inscrición da Baixada Popular de  Cross de San Pedro de Visma, terceira proba do  circuíto Coruña Corre  As persoas interesadas en...

Publicacións Relacionadas