– As competicións rematan en 5 meses e a obra debe comezar tan pronto rematen as competicións.
– A obra debe importunar o menos posíbel o comezo da seguinte tempada.
– Hai fondos, din que teñen o proxecto e as actuais instalacións están en condicións lamentábeis. É preciso que comecen os trámites de licitación canto antes.
O BNG esixe ao Goberno municipal iniciar canto antes os trámites para a reforma do Pavillón de Tarrío, unha vez que conta cos fondos necesarios, aprobados no pleno do pasado mes de decembro, e o estado actual das instalacións é lamentábel.
Antes do comezo das obras débese efectuar a licitación e adxudicación das mesmas. O Goberno municipal debe procurar interromper o menos posíbel as competicións.
Unha vez rematada a presente tempada, a empresa que resulte adxudicataria debe estar en condicións de comezar a obra ipso facto e aproveitar así o parón do verán.
Para Tono Chouciño, voceiro nacionalista, “o Goberno ten os fondos, froito do modificativo de crédito que aprobamos, e di ter o proxecto. Nada lle impide, daquela, iniciar os trámites de licitación xa mesmo. De estar no seu lugar nós xa teriamos iniciado o proceso.”



