Home A Coruña O campo de fútbol do Val acollerá este domingo a sétima edición...

O campo de fútbol do Val acollerá este domingo a sétima edición do Torneo xuvenil Sinde´s Cup

- Anuncio -

O campo de fútbol do Val acollerá este domingo, día 18, a sétima edición do Torneo xuvenil Sinde´s Cup, en horario de mañá e tarde. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, desprazouse ás citadas instalacións deportivas para presentar a convocatoria xunto con representantes da entidade que coorganiza o evento co Concello, a Sociedade Deportiva O Val.

As semifinais deste torneo disputaranse pola mañá, a partir das 10:30, hora na que dará comezo o partido entre o Racing de Ferrol e o Deportivo da Coruña. A continuación, ás 12:00 horas iniciarase o dos xogadores do Club Deportivo Lugo e o Celta de Vigo.
Pola tarde será o turno da final de consolación, a partir das 17:30 horas, e a final deste Torneo xuvenil Sinde´s cup será ás 19:00 horas.

As persoas interesadas en asistir poden retirar as entradas nas oficinas do clube ou no despacho de billetes, ata o venres, a partir das 19:30 horas. O prezo para a xornada completa é de 10 euros, mentres que o de media xornada é de 7 e os menores de 16 anos pagarán un euro.
Dende a organización animaron ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a acudir á convocatoria. O edil de Deportes naronés destacou “a oportunidade que suporá poder ver esta nova edición do torneo e desfrutar do fútbol animando aos equipos participantes”.

Relacionadas

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

“FolkXove”: os Orzamentos Participativos achegan a mocidade á cultura tradicional

0
O Centro Xove da Almáciga acollerá o próximo sábado, 23 de novembro, a xornada “FolkXove”, unha iniciativa que nace dos Orzamentos Participativos da área...

Semana europea da prevención dos residuos

0
Arrancan nos colexios de Neda as charlas de reciclaxe con motivo da celebración da Semana europea da prevencións dos residuos. O CEIP de Maciñeira...

O Coworking da Pobra recibe a visita de alumado do IES Espiñeira

0
Nova xornada de encontro no Coworking da Pobra con alumnado de centros educativos. Catorce estudantes do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións do IES...

O programa socioeducativo Espazo nas Escolas chega por terceiro ano consecutivo aos centros públicos...

0
Por terceiro ano consecutivo, o Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha o servizo Espazo nas Escolas coa colaboración da Asociación Socieducativa Antonio...

Diana Cabanas reafirma o “compromiso co talento feminino” do Goberno de Inés Rey

0
A concelleira participou na xornada polo Día Internacional da Muller Emprendedora organizado pola Fundación Mujeres no centro Accede Papagaio A concelleira de Emprego, Comercio e...

Publicacións Relacionadas