As urxencias serán atendidas no Centro de Saúde da Laracha.
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comunicou ao Concello que o venres 13 e o luns 16 de febreiro o Centro de Saúde de Caión permanecerá pechado debido á execución de obras de mellora das instalacións. En concreto, o Sergas vai renovar o pavimento no interior dese edificio de titularidade municipal situado na zona da Insua.
Durante eses dous días as urxencias serán atendidas no Centro de Saúde da Laracha.



