• O Concello das Somozas realizou un investimento de 15.000 euros para acondicionar e replantar o novo terreo de xogo que xa está listo para una nova temporada.
• “Con esta actuación melloramos de maneira notable unha infraestrutura deportiva municipal, onde xoga un dos equipos con máis seguimento no noso municipio, a Unión Deportiva As Somozas”, destacou Alonso.
O Concello das Somozas acaba de rematar os traballos de mantemento e acondicionamento do céspede natural do estadio de fútbol Manuel Candocia, que xa loce un novo aspecto e está dispoñible para comezar unha nova temporada.
A actuación, que conta cun investimento municipal de 15.000 euros, permitiu replantar e acondicionar todo o tapete do campo.
O alcalde, Juan Alonso, subliñou que “con esta actuación melloramos de maneira notable unha infraestrutura deportiva municipal, onde xoga un dos equipos con máis seguimento no noso municipio, como é a Unión Deportiva Somozas”.
“Coa renovación do céspede poñemos a punto esta infraestrutura municipal que ten un nivel acorde á categoría dos deportistas que compiten nel”, afirmou o alcalde, que destacou que “As Somozas é un referente na comarca en deporte e no fútbol”.