Home A Coruña O Ciclo da Xunta "O País das Bandas" chega o sábado a...

O Ciclo da Xunta “O País das Bandas” chega o sábado a Carral coa Banda de Música Sementeira de Cambre

- Anuncio -

A iniciativa, enmarcada na programación cultural do Xacobeo, ten como obxectivo impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade

O ciclo O País das Bandas, promovido pola Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22, chega o sábado a Carral, cun concerto da Banda de Música Sementeira de Cambre. A actuación terá lugar ás 12,30 horas no Campo da Feira.

Esta formación musical preséntase oficialmente en 1986 e conta con bandas xuvenil e infantil. Ademais creou varios grupos de cámara e unha nova agrupación, a Big Band. Dirixida por Jesús Sánchez Montero, na actualidade suma preto dun cento de compoñentes.

O repertorio previsto para o sábado inclúe as pezas Maribel, El Camino Real, Enrique López e Fantasía sobre tres temas galegos. Soarán tamén Bagaxes, A miña Burriña, Viloria e Muiñeira dos Pendellos.

O País das Bandas arrincou o pasado 1 de xullo e percorrerá Galicia ata o 30 de setembro con case un cento de concertos a cargo de 77 agrupacións que suman máis de 3600 músicos. O obxectivo é impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade, como grandes depositarias da tradición musical galega.

A iniciativa desenvólvese ao abeiro do acordo asinado o pasado maio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Federación de Bandas, mediante o que a Xunta cuadriplicou a súa colaboración con este colectivo, cunha achega de 400.000 euros.

Relacionadas

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

A Xunta investirá máis de 7,5 millóns de euros na retirada dos residuos da...

0
— Ángeles Vázquez explicou que as actuacións previas comezarán a próxima semana e que as obras de escavación e extracción do material para o...

Román Rodríguez anuncia que o alumnado do Instituto IES Valle-Inclán poderá estrear as primeiras...

0
— Salienta a envergadura da obra neste edificio histórico que cualifica como “unha das catedrais educativas que temos en Galicia” cun investimento de 4,7M€ —...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

José López destaca a “implicación e iniciativa” dos correspondentes xuvenís e avanza novas accións...

0
— O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita os mozos e mozas deste programa autonómico de transmisión da información xuvenil, que esta fin...

Publicacións Relacionadas