O CIFP Coroso participou nun obradoiro sobre igualdade da man do CIM de Ribeira

Redacción
Lectura mínima de 1

 Analizaron os discursos sobre masculinidade e feminidade na contorna dixital

O alumnado de 1° de Formación Profesional Básica do CIFP Coroso participou hoxe no obradoiro Novos discursos entorno á masculinidade e á feminidade en entornos dixitais. Ata alí desprazouse a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, para clausurar este taller orientado á comunidade educativa da man do Centro de Información á Muller de Ribeira ao abeiro da campaña

De fronte á violencia de xénero, da Deputación da Coruña. “Cremos que este tipo de iniciativas son moi importantes para sensibilizar e formar á mocidade en materia de igualdade, pois na educación está a base”, apunta a edil.

Durante o desenvolvemento desta acción, o alumnado analizou as presións sociais sobre a identidade, o corpo, a representación social do xénero, a presión estética e violencias corporais, os discursos de odio, a hipersexualización e ciberviolencias, resistencias feministas e masculinidades reactivas en contextos dixitais (manosfera).

Comparte este artigo