O CIM de Ribeira leva ao CIFP Coroso o obradoiro Novos discursos entorno á masculinidade e á feminidade en entornos dixitais

Redacción
Lectura mínima de 2

 Este taller favorece a reflexión crítica sobre os discursos, estéticas e referentes dixitais sobre masculinidade e feminidade

Alumnado de 1° de Formación Profesional Básica do CIFP Coroso asistirá no xoves, 30 de abril, en horario de 12.00 a 14.00 horas, ao obradoiro Novos discursos entorno á masculinidade e á feminidade en entornos dixitais. Esta acción formativa para a dita comunidade educativa chega da man do Centro de Información á Muller de Ribeira ao abeiro da campaña De fronte á violencia de xénero, da Deputación da Coruña.
“Traballar a prol da igualdade é algo que vai máis aló dunha data concreta; é un aspecto sobre o que incidir os 365 días do ano e poñemos o foco nos máis novos porque consideramos que na educación está a base para cambiar o mundo a mellor”, indica a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro.

O obxectivo é favorecer a reflexión crítica e o diálogo arredor dos novos discursos, estéticas e referentes dixitais sobre masculinidade e feminidade, analizando o seu impacto na construción das identidades e na reprodución das violencias machistas e simbólicas.

En consecuencia, analizarán as presións sociais sobre a identidade, o corpo, a representación social do xénero, a presión estética e violencias corporais, os discursos de odio, a hipersexualización e ciberviolencias, resistencias feministas e masculinidades reactivas en contextos dixitais (manosfera).

Comparte este artigo