Home A Coruña O circuíto de carreiras populares Coruña Corre volve aos barrios da cidade,...

O circuíto de carreiras populares Coruña Corre volve aos barrios da cidade, con Matogrande como punto de partida da primeira dun total de sete probas

- Anuncio -

Nesta novena edición, o calendario de citas estenderase ata o 27 de novembro e tamén chegará á Torre, San Pedro de Visma, Os Rosales, Oza, Ventorrillo e Novo Mesoiro

O prazo de inscrición para o medio maratón Coruña21, que se celebrará o vindeiro 13 de febreiro, xa está aberto e dispoñible a través da páxina web de Carreiras Galegas

O Concello da Coruña impulsa de novo, despois dunha obrigada parada de dous anos por razóns sanitarias, o circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que neste 2022 chega á súa novena edición cun calendario de sete probas ideadas para fomentar o deporte nos barrios da cidade, un compromiso adquirido polo Goberno municipal de Inés Rey durante o vixente mandato.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou hoxe a nova edición do Coruña Corre en Matogrande, barrio que será o punto de partida da primeira das probas deste ano. Celebrarase o vindeiro día 23 de xaneiro, abrindo camiño a outras seis citas: o 26 de marzo, a carreira nocturna da Torre de Hércules; o 8 de maio, a Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma; o 22 de maio, a carreira dos Rosales; despois da pausa dos meses estivais, xa o 11 de setembro terá lugar a Volta a Oza; seguidas polas probas do 23 de outubro no Ventorrillo e o 27 de novembro en Novo Mesoiro.

“Coruña Corre é, sen dúbidas, unha ambiciosa iniciativa, unha aposta polo deporte, polos barrios e pola unión interxeracional. De feito, a familia continuará a ser un dos fíos condutores deste proxecto, xa que un dos obxectivos é que os membros dunha mesma unidade familiar acudan xuntos a cada cita e aparezan nunha clasificación deseñada para eles. Que ninguén quede na casa os días das probas. Iso si, con todas as precaucións e seguindo sempre as pautas que nos indiquen desde Sanidade”, remarcou Martínez.

Coa idea de fomentar hábitos deportivos entre a xente máis nova, contando sempre coa colaboración de nais, pais e avós, este ano levarase o Coruña Corre aos centros educativos para impulsar o deporte participativo, especialmente nas idades máis sensibles e susceptibles de que a mocidade abandone a súa práctica. Por iso, nesta nova edición creáronse categorías especiais de equipos mixtos nas categorías sub-16 e sub-18.

O percorrido de Matogrande: sete quilómetros e paso polo campus
A primeira das probas do Coruña Corre, que se celebrará en Matogrande o día 23 de xaneiro, comezará ás 10.00 horas. Serán sete quilómetros de percorrido, coa novidade da entrada ao estadio do campus universitario de Elviña.

O prazo de inscrición para a carreira estará aberto ata este domingo, día 16, ás 23.59 horas, a través da páxina web www.corunacorre.com.

Xa está aberto o prazo de inscrición para a media maratón Coruña21 do 13 de febreiro

Ademais, o 13 de febreiro, a cidade vivirá de novo outra das súas grandes citas populares do calendario deportivo coa celebración da decimocuarta edición do medio maratón Coruña21. Desde este xoves xa é posible inscribirse a través da web www.carreirasgalegas.com. O prazo finalizará o vindeiro 6 de febreiro.

A proba, integrada no calendario da Real Federación Española de Atletismo, suporá unha nova oportunidade para gozar do running na cidade da Coruña. A inscrición será de 18 euros no primeiro prazo (ata o 30 de xaneiro); de 30 euros para os inscritos en segundo prazo (do 31 de xaneiro ao 6 de febreiro); e de 40 euros para os que se inscriban entre os días 7 e 8 de febreiro.

Haberá condicións especiais para as persoas desempregadas e xubiladas, que terán un desconto do 50 % da cota que lles corresponda.

A app móbil de Coruña Corre, xa dispoñible para descargar en Android e iOS

Para facilitar o acceso da cidadanía ao calendario e actualizacións do circuíto Coruña Corre, o Concello da Coruña impulsou a posta en marcha dunha nova aplicación móbil, xa dispoñible para dispositivos Android e iOS na Play Store e a tenda online de Apple, para que as usuarias e os usuarios interesados nas carreiras populares poidan inscribirse, consultar as súas marcas e os percorridos das probas en todo momento.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas