Free Porn
xbporn
Home A Coruña O Concello abre o prazo de inscrición nunha xornada de “Iniciación ao...

O Concello abre o prazo de inscrición nunha xornada de “Iniciación ao mergullo” para maiores de 12 anos

- Anuncio -

O complexo polideportivo municipal da Gándara acollerá o domingo 18 de febreiro unha xornada de “Iniciación ao mergullo” organizada polo Concello de Narón. O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe a iniciativa acompañado polo presidente da Agrupación Deportiva Náutico Narón, Amando Guerrero, e por Óscar García, integrante do Club do Mar de Ferrol. Ambas entidades colaboran co Consistorio nesta convocatoria.

Santalla explicou que a xornada se dirixe a persoas maiores de 12 anos que saiban nadar e avanzou que se poden inscribir ata o día 15 deste mes nas oficinas do Padroado de Deportes, na Gándara, de luns a venres entre as 9:00 e as 13:00 horas. O prezo da inscrición é de cinco euros por persoa e os participantes dividiranse en grupos reducidos, de seis persoas. Aconséllase que a maiores do bañador, gorro e chanclas, as persoas que vaian realizar a xornada leven tamén unha toalla.

A xornada dará comezo ás 10:00 horas e durante a mesma, tal e como indicou García, os participantes recibirán unha serie de explicacións teóricas para a continuación pasar meterse na piscina da Gándara durante uns 15 ou 20 minutos, e realizar largos mergullando.

Dende o Concello e o Náutico Narón animaron á cidadanía a sumarse a esta actividade, que se convoca por vez primeira na cidade e que se concibe a modo de “bautismo”. O obxectivo, segundo apuntaron dende o Club do Mar de Ferrol, é que a xente que realice a xornada “perda o medo a mergullarse”.

Relacionadas

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

O concello licita o proxecto de renovación dos proxectores das torres de iluminación do...

0
Investiranse 57.000 procedentes integramente de fondos municipais. O Concello vai renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de...

O espazo de participación de infancia e de adolescencia da  Laracha realiza un roteiro...

0
Mediante esta actividade os nenos, nenas e adolescentes experimentaron realidades diversas en materia de accesibilidade para atopar eivas no deseño urbano da vila da...

Publicacións Relacionadas