Home A Coruña O Concello abre o prazo de inscrición para as actividades culturais e...

O Concello abre o prazo de inscrición para as actividades culturais e deportivas para o curso 2022/2023

- Anuncio -

• As persoas interesadas poderán anotarse ata o 30 de setembro na Casa da Cultura.

• Hai opcións variadas para todas as idades como: atletismo, balonmán, natación, teatro, cociña ou debuxo.

O Concello de Cariño acaba de abrir o prazo de inscrición para participar nas actividades culturais e deportivas para o curso 2022/2023. As persoas interesadas teñen ata o 30 de setembro para anotarse na Casa da Cultura, en horario de 11 a 13:30 horas e de 16:30 a 20 horas.

A oferta deportiva municipal inclúe: Xogos, patinaxe, baile infantil, atletismo, balonmán, pilates, bádminton, natación e aquagym. A escola municipal de atletismo estará dirixida por Paula Mayobre e os participantes organizaranse por grupos segundo a súa idade.
No caso das actividades culturais este curso levará a cabo: taller creativo, teatro, cociña creativa e debuxo/pintura. A aula municipal de teatro estará impartida por Pepablo Patinho, de Teatro Ghazafelhos, e tamén estará organizado por grupos de idade.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas