Home A Coruña O Concello abre unha nova canle de información cidadá a través de...

O Concello abre unha nova canle de información cidadá a través de WhatsApp

- Anuncio -

· As persoas que desexen empregar este servizo deberán gardar o teléfono 698 192 847 na súa lista de contactos co nome ‘Novas Carral’ e enviar unha mensaxe co texto ‘Alta novas Carral’.

· Así mesmo, poderán escanear o código QR dispoñible tanto na web municipal como nas redes sociais.

O Concello acaba de estrear unha nova canle de información cidadá a través de WhatsApp. Por medio desta vía, os veciños e veciñas recibirán información sobre calquera novidade de carácter municipal como, por exemplo, incidencias, actividades culturais e deportivas, etc.

O concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Bello, sinala que esta novidade permite reforzar o compromiso do goberno local “por ofrecer máis vías de comunicación coa veciñanza”. Ademais, como explica o edil, WhatsApp ten un gran uso entre a veciñanza, “polo que se conseguirá que a información municipal chegue ao maior número de persoas posible”.

As persoas que desexen empregar esta canle deberán gardar o teléfono 698 192 847 na súa lista de contactos co nome ‘Novas Carral’. A continuación, terán que enviar unha mensaxe co texto ‘Alta novas Carral’. Así mesmo, os veciños e veciñas que o desexen poderán tamén escanear o código QR que estará dispoñible na páxina web municipal e nas redes sociais. Como no suposto anterior, terán que gardar o número de teléfono na súa axenda de contactos.

Para darse de baixa do servizo, os veciños e veciñas deberán mandar unha mensaxe co texto “Baixa novas Carral”.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas