Home A Coruña O Concello abrirá mañá o prazo de inscrición no programa Informática Divertida...

O Concello abrirá mañá o prazo de inscrición no programa Informática Divertida (INDI)

- Anuncio -

A concelleira en funcións de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou que o Concello abrirá mañá xoves o prazo de inscrición no programa Informática Divertida (INDI) dirixido a menores empadroados en Narón de entre 8 e 12 anos. A edil indicou que as sesións de INDI se desenvolverán na Aula Cemit de Xuvia do 3 ao 31 de xullo (incluídos, se ben o día 25 non haberá actividade) en horario de mañá, de 10.00 a 13.30 horas de luns a venres. En total ofértanse 15 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.
Os participantes aprenderán a programar con Minecraft, Star Wars e Frozen e tamén programación de bloques, a crear blogs para nenas e nenos e a elaborar un cómic dixital. “Esta proposta, moi coñecida xa na cidade, é unha actividade formativa centrada no ámbito da robótica e que convocamos novamente coincidindo co período vacacional para ofrecer aos máis pequenos ao longo dun mes unha alternativa educativa, tecnolóxica e creativa para o seu tempo de lecer”, apuntou a edil naronesa.
Na zona rural da cidade, ofertouse este mesmo programa aos centros cívicos sociais das sete parroquias. As persoas interesadas poden contactar coas diferentes entidades veciñais para inscribirse ou solicitar información, ofrecéndose dez prazas para cada un deles. As sesións impartiranse nas mesmas datas e horario que na Aula Cemit de Xuvia.
As solicitudes para a Aula Cemit poden presentarse ata o 16 de xuño ás 13.00 horas no Rexistro Xeral do Concello, a través da Sede Electrónica de Narón –donde se pode consultar toda a información deste programa- ou a través de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas utilizando o formulario dispoñible na Sede Electrónica. Para obter máis información sobre o programa INDI pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1502 ou 1123).

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas