Home A Coruña O Concello abrirá o vindeiro luns o prazo de solicitude de axudas...

O Concello abrirá o vindeiro luns o prazo de solicitude de axudas para o transporte en autobús ás Facultades do campus da Universidade da Coruña

- Anuncio -

O Concello de Narón abrirá o vindeiro luns, día 26, o prazo de solicitude de axudas para o transporte de estudantes universitarios ás Facultades da Universidade da Coruña (UDC), no Campus da Coruña, durante o curso académico 2022-2023. As subvencións cubren o 50% do bonobús para el traslado diario dos universitarios ao campus da UDC e poderán solicitarse ata o 7 de outubro (incluído), tal e como avanzou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. A edil naronesa indicou que a partida global do Concello para estas subvencións ronda os 14.000 euros.

As tramitacións realízanse a través do Rexistro municipal –de luns a venres de 8.30 a 13.00 horas- a través do modelo oficial do Concello, que estará dispoñible no propio Rexistro e tamén na Sede Electrónica, donde se poderán tramitar, ao igual que a través doutros medios previstos no artículo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Os solicitantes deben estar empadroados no Concello de Narón, matriculados na UDC e non superar os umbrais de renda establecidos polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, entre outros requisitos. Para máis información pódese consultar a convocatoria do Boletín Oficial da Provincia ou a páxina web do Concello: www.naron.es.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas