Tras a finalización dos traballos levará a cabo o pavimentado do firme.
O Concello de Miño está a levar a cabo os traballos de instalación da rede de pluviais na vía Cale, situada na parroquia de Perbes.
Os traballos inclúen a instalación de 65 metros de canalizacións e pavimentado do firme na zona afectada. Esta actuación evitará inundacións e molestias aos veciños da zona.