HomeA CoruñaA CoruñaO Concello agarda novidades positivas en relación ás distintas demandas de mellora...

O Concello agarda novidades positivas en relación ás distintas demandas de mellora do transporte

- Anuncio -spot_img

O anuncio publicado na prensa sobre a posible creación do autobús desde Perillo á Universidade parte das demandas realizadas desde o Concello de Oleiros. “Antes de reunirse con nós xa están anunciando que van facer o que lles pedimos, agardamos que así sexa”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

O Goberno municipal trasladou en reiteradas ocasións ao longo dos últimos anos as demandas da cidadanía: que se cumpran os horarios, que se incrementen os servizos en horas puntas, que non se deixe tirado a ninguén nas paradas, que se aumenten as expedicións e que se amplíen os percorridos (creación da liña Perillo-Universidade, bus urbano 1-A a Santa Cristina, prolongación da do bus do Seixal ata San Pedro, novas liñas a Xaz e Abeleiras, conexión co polígono comercial de Iñás…).

A última reunión na que o Concello trasladou á Xunta todas estas demandas foi en decembro. Proximamente celebrarase un novo encontro no que se responderán a todas estas cuestións.

Publicacións Relacionadas