“A veciñanza demostrou que o sentimento do Entroido, unha das festas máis emblemáticas da cidade, é un sentimento arraigado, e a creatividade e as tradicións tamén se poden desfrutar desde a casa e cumprindo coas medidas”, asegurou a alcaldesa, Inés Rey
O Concello agradécelle á cidade que mantivera viva a tradición do Entroido pese a pandemia. Representantes das agrupacións de comparsas do Entroido coruñés elixiron hoxe as persoas gañadoras do concurso de disfraces en liña do Concello da Coruña, In-troido, que contou coa participación de máis de 200 persoas a través das canles sociais do ente municipal nas catro categorías existentes: crianzas de até 6 anos, de 7 a 12 anos, de 13 anos en adiante e grupal / familiar. O Concello da Coruña puxo en marcha un concurso exclusivamente dixital para que, neste entroido tan “atípico” por mor das restricións da pandemia do coronavirus, as e os cidadáns puideran participar desde os seus fogares compartindo instantáneas dos seus disfraces a través das redes sociais, co fin de manter viva a tradición desta festividade. A alcaldesa, Inés Rey, agradeceu a boa resposta da veciñanza, “que mantivo vivo o espírito do Entroido”. Rey asegurou que “as últimas semanas foron moi duras con respecto á situación da pandemia, pero a veciñanza demostrou que o sentimento do Entroido, unha das festas máis emblemáticas da cidade, é un sentimento arraigado, e Nota de Prensa a creatividade e as tradicións tamén se poden desfrutar desde casa e cumprindo coas medidas”. Representantes das agrupacións de comparsas do Entroido coruñés formaron o xurado deste concurso: Laura Vázquez Loureiro, de Monte Alto a 100; Marcos Fernández Eimil, de Amigos da Xoldra; Haydee Estevez Barcala, dos Maracos; Paula Monteagudo Infante, de Malandros; Consuelo Roque López, de Pantaleón; e Pily Ferreiro Fernández, dos Kilomberos de Monte Alto. As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto co Concello da coruña a través dunha mensaxe privada na rede social coa que participaron (Twitter, Facebook ou Instagram) ou na dirección de correo electrónico IMCE@coruna.es para poder tomar nota dos seus datos e artellar a entrega do premio. O prazo para contactar será de 15 días desde a publicación das persoas gañadoras nas diferentes canles sociais. Premios Categoría “Até 6 anos”: 1.º premio: bono de 150 euros para consumir no comercio local da cidade Barbie Peina y Maquilla Edición Limitada. 2.º premio: bono de 100 euros para consumir no comercio local da cidade Charles e a Queen. 3.º premio: bono de 50 euros para consumir no comercio local da cidade Tintín y Milú. 4.º premio: lote de produtos de Entroido de Supermercados Gadis O tren que me leva. Premios Categoría “De 7 a 12 anos”: 1.º premio: bono de 150 euros para consumir no comercio local da cidade Mellor con máscara… por favor. 2.º premio: bono de 100 euros para consumir no comercio local da cidade Nota de Prensa Merienda con la Reina de Corazones. 3.º premio: bono de 50 euros para consumir no comercio local da cidade Adam y Lucas Huntingford. 4.º premio: lote de produtos de Entroido de Supermercados Gadis Llega la cepa zombie. Premios Categoría “De 13 anos en adiante”: 1.º premio: bono de 150 euros para consumir no comercio local da cidade Xenio desconfinado. 2.º premio: bono de 100 euros para consumir no comercio local da cidade Emilia Pardo Bazán. 3.º premio: bono de 50 euros para consumir no comercio local da cidade Asalto ó Capitolio na miña casa! 4.º premio: lote de produtos de Entroido de Supermercados Gadis Viaxando coa mente e a unha orella hincándolle o dente. Premios Categoría “grupal / familiar”: 1.º premio: bono de 150 euros para consumir no comercio local da cidade Bonequiños confinados. 2.º premio: bono de 100 euros para consumir no comercio local da cidade El DOGa trae nuevas noticias… resumiendo #QuedateEnCasa. 3.º premio: bono de 50 euros para consumir no comercio local da cidade Pop Art Style 4.º premio: lote de produtos de Entroido de Supermercados Gadis ¡Qué nervios, se me ha caído un diente!