HomeA CoruñaA CoruñaO Concello analiza novas vías de colaboración coas salas de concertos da...

O Concello analiza novas vías de colaboración coas salas de concertos da cidade

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse hoxe coas persoas responsables das sete salas de concertos da Coruña para faceren balance do ciclo, que cualificou como “un éxito que avala que sigamos camiñando xuntos”
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu hoxe en María Pita as persoas representantes das Salas de Concertos da cidade -Playa Club, Inn Club, Sala Pelícano, Mardi Grass, Filloa Jazz, Garufa Club, e Sala Filomatic- para faceren balance do ciclo Salas Abertas, que rematou o pasado domingo. “Por primeira vez o Concello e as Salas de Concertos da Coruña desenvolveron un proxecto cultural xuntos e o resultado foi moi satisfactorio”, indicou Inés Rey, que remarcou con datos o éxito da proposta: “En Salas Abertas participaron todas as salas de concertos da cidade, sete, e realizaron 21 concertos de estilos variados que se emitiron en streaming de alta calidade, ademais doutros 63 clips de cancións. Subiron ao escenario 59 músicos/as coruñeses/as e traballaron tamén arredor de 30 persoas como técnicos de imaxe e son. Todo isto traduciuse en máis de 9.000 visionados só nas redes do Concello, a maiores dos das propias Salas”.
Así mesmo, durante a reunión, as/os representantes municipais dialogaron co persoal responsable das salas de concertos para avaliaren a presente situación e concretaren tamén vías de colaboración nos meses máis inmediatos, para o cal o Concello ten toda a predisposición e xa leva semanas barallando opcións, dentro da súa política de apoio ao tecido cultural da cidade. “O Concello apoia as/os representantes das salas nas súas demandas de axudas por parte doutras administracións”, apuntou Rey.
O programa Salas Abertas contou cun patrocinio de 110.000 euros do Consorcio de Turismo e contou coa coordinación da Área de Cultura, que, como sinalou a alcaldesa, “cumpriu o obxectivo prioritario de lanzar unha axuda ás salas da cidade nun momento de dificultades por mor da pandemia, pero ademais tamén serviu para apoiar a músicos e técnicos, á vez que se difundía a ampla oferta das bandas e artistas locais”.
Inés Rey aproveitou a xuntanza para anunciarlles ás persoas responsables das
Salas a intención municipal de “seguir traballando xuntos na actualidade así como a medio prazo”.

Publicacións Relacionadas