Home A Coruña O Concello aplicará intelixencia artificial para optimizar a xestión do servizo municipal...

O Concello aplicará intelixencia artificial para optimizar a xestión do servizo municipal de BiciCoruña

- Anuncio -

O novo algoritmo ten como obxectivo mellorar a eficiencia operativa e a satisfacción das persoas usuarias do sistema de bicicletas públicas da cidade

O Concello da Coruña implementou un novo algoritmo para optimizar o servizo municipal de bicicletas Bicicoruña. Trátase dunha ferramenta innovadora que ten como obxectivo mellorar a eficiencia operativa, satisfacción e comidade das persoas usuarias do sistema de bicicletas públicas da cidade. Coa implementación deste sistema, o Goberno de Inés Rey busca mellorar a xestión do servizo de Bicicoruña, fomentando o seu uso por parte da cidadanía.

O software, desenvolvido pola empresa Qucit, está centrado na optimización das operacións de micromobilidade compartida. A través de algoritmos predictivos e loxísticos optimizaranse operacións, automatizando e mellorarando procesos clave: facendo unha distribución máis eficiente das bicicletas, reducindo custos operativos e aumentando a dispoñibilidade de vehículos para as persoas usuarias. “Con esta medida queremos asegurar que as bicicletas estean dispoñibles nas estacións cando máis se necesitan pero tamén no mellor estado dispoñible” sinalou a concelleira de Mobilidade e Infraestruturas, Noemí Díaz.

En concreto, o novo software permitirá facer unha mellor predición da demanda, anticipándose ás necesidades das estacións e suxerindo accións para reequilibrar a distribución de bicicletas; a xestión de bicicletas defectuosas, identificando e priorizando a reparación de bicicletas; e optimizar rutas, mellorando os desprazamentos dos vehículos que realizan tarefas de mantemento e reequilibrio para reducir tempos e desprazamentos. “Esta é quizáis unha das funcións máis importantes pois permitirá reducir os desprazamentos innecesarios e, con iso, a pegada de carbono”, sinalou Díaz.

Ademais o novo sistema inclúe un cadro de mandos centralizado para supervisar en tempo real o estado das estacións, as tarefas en curso xunto cunha aplicación móbil que facilitará aos equipos de campo organizar e completar os seus turnos de traballo. O concelleiro de Educación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, destacou que a posta en marcha do sistema levará aparellada unha formación do persoal: “Farémolo dende a área de Innovación, poñendo en valor os recursos propios e o noso persoal”.

Relacionadas

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

“FolkXove”: os Orzamentos Participativos achegan a mocidade á cultura tradicional

0
O Centro Xove da Almáciga acollerá o próximo sábado, 23 de novembro, a xornada “FolkXove”, unha iniciativa que nace dos Orzamentos Participativos da área...

Semana europea da prevención dos residuos

0
Arrancan nos colexios de Neda as charlas de reciclaxe con motivo da celebración da Semana europea da prevencións dos residuos. O CEIP de Maciñeira...

O Coworking da Pobra recibe a visita de alumado do IES Espiñeira

0
Nova xornada de encontro no Coworking da Pobra con alumnado de centros educativos. Catorce estudantes do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións do IES...

O programa socioeducativo Espazo nas Escolas chega por terceiro ano consecutivo aos centros públicos...

0
Por terceiro ano consecutivo, o Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha o servizo Espazo nas Escolas coa colaboración da Asociación Socieducativa Antonio...

Diana Cabanas reafirma o “compromiso co talento feminino” do Goberno de Inés Rey

0
A concelleira participou na xornada polo Día Internacional da Muller Emprendedora organizado pola Fundación Mujeres no centro Accede Papagaio A concelleira de Emprego, Comercio e...

Publicacións Relacionadas