test
Home A Coruña O Concello aproba un convenio de colaboración coa USC para desenvolver accións...

O Concello aproba un convenio de colaboración coa USC para desenvolver accións concretas cara a un turismo máis sostible

- Anuncio -

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o convenio de colaboración entre o Concello e a Universidade de Santiago para o desenvolvemento de traballos de investigación e actividades de I+D+i en materia de turismo sostible. O executivo municipal tamén deu luz verde a dous expedientes para realizar intervencións nas parroquias de Aríns e Laraño, así como a un convenio coa Xunta para a xestión do servizo de comedor en nove centros educativos para os cursos 2023-24 e 2024-25 e ao Plan municipal de prevención contra os incendios forestais. De todos estes asuntos deu conta a voceira do Goberno municipal Míriam Louzao en rolda de prensa.

Ao respecto do convenio no ámbito do turismo aprobado pola Xunta de Goberno, a concelleira Míriam Louzao recordou que “a USC e o Concello compartimos a preocupación polo desenvolvemento dun turismo sustentable, que non altere a vida cotiá das persoas que viven e traballan en Compostela e que favoreza a convivencia ordenada entre residentes e visitantes, así como o interese por deseñar e planificar as políticas públicas máis adecuadas para estes fins”.

Con este obxectivo, ambas institucións traballarán conxuntamente durante este ano “para analizar a situación e estudar as posibles medidas a poñer en marcha no futuro para ter un turismo sostible, equilibrado, seguro e responsable, medidas tomadas sempre da man do sector”, sinalou Míriam Louzao, para quen a USC “é a mellor entidade para levar a cabo este obxectivo pois ten os profesionais co coñecemento experto en diversas disciplinas que estuda e investiga ao longo do ano”.

Este convenio enmárcase dentro do Plan de Turismo Sostible posto en marcha polo Concello con Turismo de Galicia e o Ministerio de Turismo. O orzamento para a execución das actuacións previstas neste convenio ascende á cantidade de 143.217 euros das que a achega do Concello será de 120.000 euros. O prazo de execución será de 12 meses desde a súa sinatura.

Entre as actuación que se levarán a cabo, a edila detallou os estudos sobre o impacto actual do turismo no concello e sobre a implantación da taxa turística, unha batería de propostas normativas co obxectivo de facilitar a convivencia entre turistas e poboación local, unha plataforma en liña de escoita permanente para facilitar a comunicación co sector e coa cidadanía afectada que se canalizará a través de 6 mesas de traballo temáticas, un modelo de gobernanza permanente, informes periódicos sobre a evolución do turismo ou un plan de comunicación e difusión.

Actuacións no rural

A Xunta de Goberno tamén aprobou os expedientes de contratación para executar dúas actuacións nas parroquias de Aríns e Laraño ao abeiro do Plan Único de Concellos POS+ da Deputación da Coruña.

Entre os expedientes de contratación aprobados esta mañá, atópase o proxecto de rexeneración do pavimento de calzada da Rúa do San Martiño na parroquia de Aríns, cun orzamento base de licitación de 347.720,85 euros IVE incluído e un prazo prvisto de execución de 3 meses. Esta obra ten por obxecto a renovación do pavimento dun tramo de 1,147 km de vía, ata o cruzamento coa AC- 261, que permitirá a execución dun espazo para o tránsito peonil na marxe dereita da calzada e a ampliación da rede de abastecemento de auga potable.

O segundo expediente aprobado, contempla a renovación do parque infantil no espazo socioeducativo de Rial no lugar de Reibó, na parroquia de Laraño, cun orzamento base de licitación de 124.999,99 euros IVE incluído e un prazo de execución do proxecto é de 40 días. A edila explicou que esta obra “ten por obxecto a implantación dun parque infantil de 338 m2, con dúas zonas de xogos, e o acondicionamento dun espazo destinado a horta con fins educativos”.

Ademais, tamén dentro do POS, a Xunta de Goberno autorizou o inicio de trámites para recibir a primeira fase da obra de acondicionamento da antiga N-634 no núcleo de Lavacolla na parroquia de Sabugueira, executada pola empresa ALCOMTE GALICIA, SL. “A obra consistiu na dotación de beirarrúas nas dúas marxes da vía, alternando zonas verdes e prazas de aparcamento, e, no treito final, na implantación dun vía de plataforma única de formigón para o tránsito compartido de peóns e vehículos” detallou a concelleira.

Convenio servizo comedor

O executivo municipal tamén deu luz verde ao texto do Convenio entre o Concello de Santiago e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia para a xestión do servizo de comedor en nove centros educativos do concello, durante os cursos 2023-2024 e 2024-2025.

Míriam Louzao detallou que con este convenio, prorrogable por catro anos máximo, “a Consellería de Educación comprométese a achegar 106.417,3 euros para financiar a prestación do servizo de comedor por curso” o que supón unha achega por parte da Xunta “de 0,55 céntimos por menú dun coste de 5,82 máis IVE” e recalcou que “o comedor é un servizo competencia da Xunta de Galicia que ten asumido o Concello pero sen que se lle transfira o crédito correcto para poder ofrecer ese servizo”.

Plan municipal de prevención contra os incendios forestais

Ademais, dentro da Área Medio Rural, o executivo municipal tamén aprobou inicialmente o Plan municipal de prevención contra os incendios forestais do Concello de Santiago de Compostela, presentado pola EMPRESA PÚBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS SA.

Míriam Louzao explicou que o obxecto deste Plan “é a delimitación das faixas secundarias de xestión de biomasa, así como definir as actuacións silvícolas necesarias para controlar ou eliminar a biomasa forestal e fixar as directrices de actuación procedentes para, deste xeito, minimizar o risco de incendios”.

O Plan, que deberá pasar agora polo trámite de información pública para a presentación de alegacións, inclúe unha relación de todas as parcelas afectadas pola obriga de xestionar a biomasa, identificándoas coa súa referencia catastral e detallando a superficie afectada pola obriga de xestión.

Relacionadas

A Escola municipal de teatro infantil de Neda estrea este mércores a comedia “Casa...

0
A escola municipal de teatro infantil de Neda organiza o mércores 26 de xuño, a partir das 19 horas, a súa tradicional Mostra fin...

A Xunta de Goberno dá un novo paso cara á protección do mural pintado...

0
A Xunta de Goberno local acordou esta mañá a aprobación provisional da modificación puntual do Catálogo do Plan especial de protección e rehabilitación da...

Fene propón un verán deportivo para todas as idades

0
Este mércores abre o prazo para inscribirse nos cursiños de verán de kaiak e paddle surf e no campamento lúdico-deportivo Bautismos de mergullo, cursiños de...

O dispositivo de emerxencias da San Xoán realizou 184 asistencias, 45 menos que ano...

0
Os servizos de limpeza viaria levan recollidas 57 toneladas de lixo O dispositivo de máis de 650 persoas encargado de velar pola seguridade en San...

San Sadurniño reivindicará o venres e o sábado a liberdade de ser e sentir

0
O Concello e a Asociación Cultural Brío promoven varias actividades co gallo do 28X, Día Internacional do Orgullo LGTBI+ O 28 de xuño celébrase o...

O Concello presenta un amplo programa de actividades culturais e deportivas para o verán

0
• A XXIII Feira dá Cebola Chata de Miño, a III Feira dá Cultura EnCamiño, cinema ao aire libre, exposicións, concertos ou cursos deportivos...

Publicacións Relacionadas