A nova edición inclúe propostas para todas as idades, con actividades de benestar, creatividade, tecnoloxía, nutrición e artes, ademais de espazos específicos para a infancia, mocidade e maiores de 65 anos.
O Concello presenta a nova edición do Programa de Actividades Socioculturais para o mes de xaneiro, unha convocatoria que ofrece 348 grupos dirixidos a persoas de todas as idades e que suma máis de 5.300 prazas en toda a rede de centros cívicos municipais. A programación aposta por propostas de carácter cultural, artístico, tecnolóxico, gastronómico e de benestar, favorecendo a convivencia interxeracional e a participación activa da veciñanza.
En total, a convocatoria distribúe a oferta do seguinte xeito: 44 actividades para a infancia de 4 a 12 anos, 29 para mocidade de 13 a 17 anos, 214 actividades interxeracionais para persoas maiores de 18 anos e 61 actividades específicas para maiores de 65 anos.
Entre as propostas destacan disciplinas como o control postural, chi kung, latino SBK, ilustración a acuarela, hábitos de nutrición saudable ou xestión de emocións. Para a infancia e a mocidade, mantéñense espazos específicos como talleres sensoriais, espazo mozo, conversa en inglés ou deseño de personaxes manga. No caso das persoas maiores de 65 anos, a oferta inclúe actividades de estimulación cognitiva, prevención de caídas e aprendizaxe en novas tecnoloxías.
O oferta de actividades enmárcase dentro das políticas sociais impulsadas por Inés Rey para levar unha ampla programación cultural e de ocio a todos os recintos públicos da cidade en todos os barrios.
As actividades comenzarán o 26 de xaneiro, unha vez finalizado o proceso de inscrición.
Calendario do proceso de inscrición
· Preinscrición online: 15, 16 e 17 de decembro na web municipal www.coruna.gal/servizosociales
As persoas sen acceso a Internet poderán recibir asistencia telefónica no número 857 890 628.
· Publicación de listas provisionais: 26 de decembro
· Presentación de reclamacións: 29 de decembro, vía telefónica no 857 890 628
· Sorteo público nos centros cívicos: 30 de decembro
· Listaxes definitivas de admitidas e lista de espera: 13 de xaneiro de 2026
· Pagamento da taxa municipal: do 14 ao 18 de xaneiro
· Xestión da lista de espera: a partir do 21 de xaneiro
· Inicio das actividades: 26 de xaneiro
O Goberno anima á veciñanza a consultar a programación completa e a participar dun programa que, ano tras ano, contribúe a fortalecer a vida comunitaria, promover hábitos saudables e crear espazos de aprendizaxe e encontro nos barrios.



