Home A Coruña O Concello avanza recuperación do patrimonio coa restauración dos lavadoiros de Palavea...

O Concello avanza recuperación do patrimonio coa restauración dos lavadoiros de Palavea e Feáns

- Anuncio -

As actuacións contan cun orzamento próximo aos 25.000 euros de orzamento para reposición, restauración e limpeza das estruturas

O Concello da Coruña avanza na recuperación do patrimonio coa mellora dos lavadoiros de Palavea e Feáns, actuando así sobre dous elementos etnográficos de importante valor histórico para os barrios.
En canto ao lavadoiro de Feáns realizaranse fundamentalmente dúas intervencións. Reacomodación das tellas existentes, permitindo a súa reutilización e substitución das que se atopan en mal estado; e unha limpeza manual da vexetación adventicia no tellado co obxectivo de previr danos futuros.

Respecto ao lavadoiro de Palavea, levaranse a cabo varias melloras para garantir a súa preservación. En primeiro lugar acometerase a reparación da estrutura da cuberta, incluindo o lixado das superficies, aplicación de esmalte en dúas capas nas vigas e barnizado da tarima.

Tamén se repararán os piares de formigón armado, os muretes de pedra e as lousas lavadoras, con limpeza previa e aplicación de dúas capas de pintura plástica. Ademais, o Concello eliminará a vexetación e raíces nas paredes de sillería da fonte e lavadoiro e aplicarase a pintura en elementos metálicos e eliminación de pintadas con técnicas especializadas.

A pesar de que ningún presenta un estado moi deteriorado, o Goberno de Inés Rey decidiu actuar para garantir a súa correcta preservación. Reafirma así o seu compromiso coa protección do patrimonio e coa mellora dos espazos públicos tradicionais, promovendo a conservación dos lavadeiros como espazos de memoria e uso comunitario.

Relacionadas

Aberto desde o luns o prazo de inscrición no IV Concurso Imaxina Coruña

0
Os centros educativos interesados neste programa municipal poderán apuntarse na web municipal ata o 22 de novembro O Concello da Coruña abre o prazo de...

Demostración de cociña en vivo para promocionar a Feira do Mel no Salón Internacional...

0
A Feira do Mel que organiza todos os anos o Concello de Oleiros en Perillo foi hoxe protagonista no 25º Salón Internacional de Turismo...

O Concello de Carballo pon en marcha o programa “Remocea”, no que poderán participar...

0
Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades: talleres de memoria, manexo de teléfonos móbiles e outras tecnoloxías e actividades lúdico-formativasO alcalde, Evencio...

O Ministerio de Cultura volve premiar as Bibliotecas do Concello de Oleiros

0
A forte aposta pola educación e a cultura que fai o Concello de Oleiros volve ser merecedor de que as Bibliotecas Municipais fosen novamente...

As persoas máis lectoras da Pobra son agasalladas polo Día das Bibliotecas 2024

0
As bibliotecas son un punto de encontro arredor das letras, unha plataforma para a difusión do coñecemento. Baixo esta premisa, a Concellaría da Cultura...

O desprendemento de cables de telefonía impide o tráfico rodado na rúa José María...

0
Os bombeiros do parque Provincial das Pontes interviñeron esta tarde nunha incidencia ocasionada pola rotura dun poste de telefonía sobre a vía que impedía...

Publicacións Relacionadas