Home A Coruña O Concello celebra a volta presencial da carreira Enki2021 de obstáculos pola...

O Concello celebra a volta presencial da carreira Enki2021 de obstáculos pola integración

- Anuncio -

As concelleiras Mónica Martínez e Yoya Neira presentaron hoxe a proba física do 23 de outubro e a modalidade virtual dunha iniciativa que incide nas máximas do goberno de Inés Rey como son o fomento do deporte e as políticas social e de accesibilidade

A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, presentou esta mañá a carreira Enki 2021, cunha modalidade presencial o 23 de outubro para a que se esgotaron os 4.000 dorsais nunha soa tarde. Ademais, ofrecerá na súa oitava edición unha modalidade virtual na que os participantes poderán demostrar o seu enxeño completando o circuíto desde a casa. A edil agradeceu a implicación da Fundación Abrente para organizar unha vez máis esta iniciativa e lembrou que desde o Goberno local estase a traballar en visibilizar a diversidade funcional: “As administracións non só temos que apoiar este tipo de acción, senón poñer en marcha políticas a favor da inclusión social. Precisamente nesta cita lúdica coinciden tres eixes da nosa acción de goberno: o fomento do deporte e as políticas social e de accesibilidade”.

Neira asegurou que canto á mobilidade, Coruña Camiña vertébrase na conversión das rúas coruñesas en lugares amables e accesibles, nos que a cidadanía sexa protagonista: “Realizamos 35 intervencións de máis de 7,5 millóns de euros para mellorar a seguridade da veciñanza e que as paradas de bus non teñan barreiras arquitectónicas. As actuacións van dirixidas a ampliar as beirarrúas para que permitan o paso de cadeiras de rodas e a facer dos barrios lugares de convivencia e que todos conten con equipamentos básicos”.

Ademais, lembrou que o Concello asinou un convenio con Enki e a Fundación Abrente para que os parques infantís da cidade sexan inclusivos e que en todas as obras que executamos desde o verán seguimos os criterios marcados pola Fundación Abrente: “Traballamos nunha guía que constate todo o que avanzamos e o que queda por facer neste tipo de infraestruturas para os máis cativos”.

A concelleira afirmou que esta carreira converteuse, ao longo das súas oito edicións, nunha das mellores iniciativas do país para berrar a favor da integración de todas e de todos, unha proba divertida que a organización decidiu unificar en 2018 nun só evento co fin de provocar un maior impacto: “Conseguiuno, porque ese mesmo ano inscribíronse 7.500 persoas e na última convocatoria presencial, a de 2019, alcanzouse o récord de 10.000 persoas, o que a converteu na máis multitudinaria de Galicia”. Yoya Neira engadiu que esta iniciativa confirma ano a ano que hai esperanza, e puxo como exemplo o proxecto Down Café, que puxemos en marcha coa Asociación Down Coruña. Un programa sen precedentes no que as persoas con diversidade funcional que están ao fronte do Quiosco da praza de Ourense están a amosar que estas iniciativas de inserción laboral son exitosas.

Por último, convidou as coruñesas e coruñeses a esquivar as barreiras que aínda impiden esa igualdade real pola que traballamos e agarda que o día 23 –tamén nas redes-, A Coruña fique chea de perrucas e disfraces, de obstáculos enxeñosos e outfits extraordinarios nunha gran festa pola inclusión.

Pola súa parte, Ángel López, presidente de ENKI, sinalou que esta presentación era moi importante e necesaria despois do vivido, “unha carreira que non só visibiliza o que facemos durante o ano senón que lle dá voz ás entidades sociais e supón un punto de encontro entre o terceiro sector e a sociedade”. O responsable confesou que nesta convocatoria non sabían como ía reaccionar a xente despois da última
edición virtual, mais que a resposta non puido ser mellor ao esgotarse os 4.000 dorsais nunha tarde.

No acto tamén participaron a concelleira de Deportes, Mónica Martínez; Jacobo Garrido, nadador paralímpico participante nos Xogos de Tokio e embaixador ENKI; Xabier Casal, responsable da Actividade Física Saudable da Fundación María José Jove; e Rubén Riaño, director de Institucións de CaixaBank.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas