HomeA CoruñaO Concello celebrará mañá un sorteo para obter as persoas gañadoras do...

O Concello celebrará mañá un sorteo para obter as persoas gañadoras do concurso ‘Merca Local no Nadal’

- Anuncio -spot_img

Será ás 17:00 horas a través da conta oficial de Facebook da Administración local.
O Concello de Malpica celebrará mañá, martes 12 de febreiro, un sorteo en vivo para obter o nome das cinco persoas gañadoras do concurso ‘Merca Local no Nadal’, no cal se entregarán cinco tarxetas agasallo por valor de 200 euros cada unha. Será ás 17:00 horas da mañá, a través da conta oficial de Facebook da Administración local.
Estarán destinadas para o consumo, de xeito exclusivo, nos establecementos adheridos á campaña. Estas tarxetas terán unha validez de dous meses desde a entrega das mesmas.
Será obrigatoria a presentación no Concello das papeletas que resulten gañadoras. De non aparecer a papeleta premiada en 15 días naturais desde o sorteo, a papeleta pasará a ser o número suplente.

Publicacións Relacionadas