Home A Coruña O Concello colabora co máster da Cátedra Inditex-UDC de sostibilidade

O Concello colabora co máster da Cátedra Inditex-UDC de sostibilidade

- Anuncio -

O alumnado do curso de posgraduado elaborará un plan de acción para o Centro Municipal para o Clima e a Enerxía Sostible Fernando Roade

O Concello colaborará na vindeira edición do Curso de Experto en Sostibilidade e Innovación Social (CESIS) que desenvolve a Universidade da Coruña (UDC) xunto a Inditex, que chega á súa décimo cuarta edición, presentada esta tarde na sala do Decanato da Facultade de Economía e Empresa.

Desde a súa posta en marcha, máis de 360 alumnas e alumnos pasaron xa por este curso de posgraduado ou máster, orientado á formación en materia de desenvolvemento sostible, unha liña de traballo compartida polo Goberno de Inés Rey nas súas políticas medioambientais a escala municipal.
Como parte dos traballos que as e os participantes teñen que realizar está un proxecto de aprendizaxe-servizo no que se analiza unha proposta presentada por unha entidade colaboradora para a que hai que deseñar un plan de acción vinculado á sostibilidade ou a responsabilidade social corporativa.

Neste sentido, e no referente a este curso, desde a Concellaría de Medio Ambiente propúxoselles ás persoas integrantes do máster que expoñan unha redefinición do Plan de usos e comunicación do Centro Municipal para o Clima e a Enerxía Sostible Fernando Roade. “Nesta instalación municipal atópase a planta de produción de biogás da antiga entulleira de Bens, que está a chegar ao final da súa vida útil”, explicou a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira.
“A redefinición dos usos do centro municipal permitirá contar cunha instalación singular que sirva para que A Coruña siga sendo referente na innovación, investigación e divulgación da aposta polas enerxías sostibles e a loita contra o cambio climático, e a achega do alumnado do CESIS ao deseño que levará a cabo o Concello no futuro será de gran valor”, engadiu.

Relacionadas

O PP de Culleredo critica que os fondos da Deputación para políticas sociais vaian...

0
∙ O Plan de Obras e Servizos Social “debería investirse máis directamente nas persoas e non case exclusivamente en pagar nóminas”, sinala a portavoz...

O Concello realiza traballos de mantemento nos campos de fútbol e as pistas de pádel

0
As intervencións son necesarias para mellorar a experiencia de xogo e prolongar a vida útil dos equipamentos deportivos. O Concello está a levar a cabo...

O concello entrega aos centros de ensino “Mochilas Viaxeiras” con material bibliográfico sobre igualdade

0
Os títulos foron seleccionados polas técnicas municipais de Igualdade e están adaptados ás idades do alumnado do instituto e dos colexios. Na Laracha a mesa...

O plan de mellora das escolas unitarias chegou este curso a Sísamo

0
O Concello de Carballo tamén acometeu a reforma integral da antiga escola de Gontade-Ardaña para convertela en centro de educación especial O Concello de Carballo...

María Rozas presenta o anteproxecto da Factoría Moza: “Este equipamento porá a Santiago na...

0
Despois de case dúas décadas de abandono, a estrutura de Salgueiriños inicialmente pensada para albergar o parque comarcal de bombeiros transformarase nun equipamento deseñado...

Presentación dos cursos da aula CeMIT do primeiro trimestre do 2025

0
Hoxe presentouse a programación correspondente ao primeiro trimestre do 2025 da aula CeMIT de Ribeira da man do concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta...

Publicacións Relacionadas